|
Ás 24 horas de comezada a campaña, comprobamos que a Feira dispon de versión en Galego. Segundo google, xa estaba así dispoñibel o día 12/09/07, mais comprobando a imaxe en Alexa, o día de comezo da campaña (16/09/07), non había opción na nosa lingua. O pouco tempo que pasou dende o comezo da campaña fainos dubidar se estamos ante unha rápida incorporación da nosa lingua ou se é un erro da ciberirmandade.
A campaña comezou a madrugada do sábado a domingo, día 16, e nese intre as persoas que participaron na preparación e posta en marcha do obxectivo non apreciaron a dispoñibilidade de versión galega no web da Feira Internacional de Galicia, nen nese intre nen dende a proposta inicial do obxectivo, 4 de maio de 2006. Ás 24 horas apareceu a información en Chuza e en Vieiros de que si existía versión galega con anterioridade segundo consta na caché de Google (polo menos dende o 12/09/07). Verificada a información, temos que dicir o seguinte:  Non temos coñecementos para discutir o funcionamento do google, se mesturan capturas con cousas actuais, se influe nalgo que haxa polo medio programación php que poidan afectar a que parte da sua caché sexa forzada a unha actualización de certas partes ou non. A xente que participou na preparación e publicación do obxectivo, aseguramos que na sua preparación non observamos a existencia de versión galega, e si estamos certos de que ofrecía versión castellana e inglesa.
Podese comprobar como a imaxe que ofrece Alexa o día 17 de setembro (primeira imaxe), é case identica coa que a dia de hoxe (18) podemos ver no web da Feira (segunda imaxe), sendo a única diferencia os elementos que compoñen o menú. A primeira imaxe é a collida de Alexa o día 17. A segunda imaxe é unha captura de pantalla do web da Feira o día 18 de setembro. Na referida primeira imaxe (Alexa) podese apreciar como o contido do web é exactamente igual á segunda imaxe e por tanto moi recente (na parte dereita ofrecen os mesmos eventos que se poden ver nestes intres no web da Feira, e a primeira nova central é a mesma). Comparando con arquive.org, podemos comprobar que a imaxe de Alexa é posterior ao día 14 de xullo e, xa que logo, podería ser a existente no web da Feira o dia de comezo da campaña (16 de xullo).  No que si hai diferencias entre a imaxe de Alexa e a actual da Feira, é no menú. Na imaxe de Alexa poden verse dez elementos, mentres que na actual da Feira, vense doce. Estes dous novos elementos poden ser perfectamente os de "Galego" e "Inglés", pois o primeiro elemento do menú de alexa semella ser o terceiro do actual web.
Esperamos que esta explicación sexa entendida, ao tempo que a CiberIrmandade non desbota a posibilidade de que todo sexa debido a un erro noso. De ser así, pedimos disculpas a todas as persoas que participaron na campaña (e evidentemente tamén á Feira). En calqueira caso, damos os parabéns á nosa lingua, pola dispoñibilidade do web galego da Feira (eso si, con erros semánticos evidentes). |