Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow Modelos de Cartas de Prego arrow Lingua -- Dun exiliado a unha empresa  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Lingua -- Dun exiliado a unha empresa Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Novembro do 2005

25/5/2000

    Denantes de nada quixera presentar-me. Chamo-me Fulanito de tal e son ... .

    Precisamente por esta causa vexo-me obrigado a estar algun tempo fora de Galicia, nestes periodos de tempo intento estar o mais informado posibel sobre Galicia, e a boa fe que INTERNET e un excelente meio para obter informacion. Foi deste xeito como descubrin as suas excelentes paxinas.

    Primeiro quixera felicitar-lles pola sua iniciativa de dar un servizo neste meio de comunicacion que certamente leva caminho de se convertir nun dos meios de comunicacion mais importantes do futuro. Pero permitan-me facer-lles unha suxestion co animo de contribuir a mellorar as suas paxinas.

    Esta non e outra que desexar que as suas paxinas tamen podan ser consultadas no idioma de Galicia. Cada vez somos mais os galegos que vivimos en galego, de xeito que gostamos de facer todas as nosas actividades en galego, tamen as nosas mercas.

    Pero non so nos os consumidores iamos beneficiarnos de consultar as suas paxinas en galego, eu penso que a sua propia entidade ia obter tamen beneficios de tal cousa. Por unha banda esto fara comprensibeis os contidos das suas paxinas tamen a aquelas persoas que pertencen o grupo linguistico do luso-brasileiro-galego, ampliando asi o alcance das suas paxinas e dando-lle unha imaxen mais internacional a sua entidade, por outra banda xa existen directorios comerciais que incluen a aquelas entidades que ofrecen os seus servizos en galego, de xeito que a sua entidade poderia ser incluida en algun destes directorios co conseguinte incremento de prestixio para a sua empresa. E esto cun minimo esforzo, xa que ofrecer unha versión en galego das suas paxinas non consume moitos recursos informaticos.

    Por si estas razons fosen poucas ainda hai mais, xa que estarian vocés contribuindo a espallar polo mundo o conhecemento sobre Galicia e a nosa cultura. Lembren que a nosa cultura 'e algo do que todos os galegos deberiamos sentirnos orgullosos, xa que esta 'e a mais orixinal aportacion dos galegos o resto dos povos do mundo.

    Asi pois proponho-lles que fagan unha version das suas paxinas en galego, estou seguro que habera quen lles poida axudar se tiveran algun problema para traduci-las suas paxinas.

    Cos meus cumprimentos,

 

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com