|
Afondando na defensa e difusión da lingua, cultura e sociedade galega, a CiberIrmandade da Fala está a montar un portal de formación, inda en fase de desenvolvemento. A plataforma está dispoñibel para o seu uso por calqueira persoa ou colectivo que teña uns intereses similares. Xa que logo, se é o teu caso, como particular ou como colectivo, non tes mais que contactar connosco e facer a proposta.
Está feito con Moodle, unha ferramenta creada para formación en liña, empregada por moitísimas universidades e outras entidades. A súa potencia e posibilidades é tal que a CiberIrmandade da Fala decidiu empregala para informar do que somos e facemos, mellorar a organización interna e documentar diversas guías de participación, usos e tarefas da propia CIF. Mais sería desaproveitar recursos non utilizala para a formación en xeral. Xa que logo, este sitio está aberto a quen o queira usar para difundir a lingua, cultura, tradición de Galiza, as novas tecnoloxías en galego.. Se estás interesado/a en usala como ferramenta de difusión, non tes mais que dicilo e abrimosche un curso no que ti mesmo/a podes preparalo, ao teu xeito e coa axuda que precise (sempre que poidamos e saibamos, evidentemente).
|