|
A CIG comeza a campaña contra os soldos vitalicios dos altos cargos |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 26 de Setembro do 2007 |
[Vieiros] O sindicato nacionalista anunciou este mércores que vai seguir loitando para que se anule o novo complemento salarial para cargos políticos que sexan funcionarios. Nunha concorrida protesta celebrada diante da sede central da Xunta en San Caetano, anunciaron que, de non dar froito as conversas cos partidos políticos, a central está decidida a recoller sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa-popular no Parlamento.
A CIG sostén que a última reforma que se contempla na Lei de Función Pública consagra un privilexio que consideran inxusto: “Os funcionarios e funcionarias ex altos cargos obteñen de por vida un complemento de destino de 14.721 euros anuais (o estabelecido para os directores xerais), que incrementa en 3.000 euros o máximo nivel de complemento de destino existente na carreira administrativa”. |