|
Máis de 1200 profesores participantes nas Xornadas de Ensino apoian o Decreto do Galego nas escolas |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 02 de Outubro do 2007 |
|
[GZnación] Máis de 1.200 docentes participaron esta fin de semana nas Xornadas do Ensino e Encontros Pedagóxicos que organizou a CIG-Ensino e a AS-PG nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, a Mariña Luguesa, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, onde se acordou reclamar á consellaría de Educación que aplique “na súa totalidade” o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.
Para que isto sexa posíbel consideran urxente que a consellaría de Educación poña á disposición dos Equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos necesarios para a aplicación efectiva e o cumprimento do Decreto, así como a creación dun servizo de Normalización Lingüística dentro da Consellaría de Educación que teña entre outras funcións a de asesorar os Equipos de Normalización e o profesorado. Asemade, entre outras medidas, acordouse reclamar á Consellaría que promocione o Decreto entre toda a comunidade educativa especialmente entre o profesorado, así coma un plano de formación para o mesmo, procurando a súa sensibilidade e implicación activa co necesario proceso de normalización. |