Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Queren roubarnos as casas, a costa... e agora os montes. SOS Groba  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Queren roubarnos as casas, a costa... e agora os montes. SOS Groba Imprimir Correo-e
Escrito por manuel meixide   
Mércores, 03 de Outubro do 2007

Antes expropiaba o Estado en nome do “ben común”, para facer unha estrada ou un embalse. Agora, as grandes empresas poden expropiarnos para facer unha urbanización, ou unha piscifactoría, ou poden industrializar o monte en man común. Levaban anos falando de que a propiedade privada é sagrada, e eu, coitado, non o entendín ben. A sua propiedade é sagrada, a nosa non.

O último intento de “privatizar” o que é dos veciños, contando coa sua oposición e mais a dos Concellos da zona, estase a producir na Groba, entre o Val Miñor e o Baixo Miño. Unha serra de gran interés ecolóxico, onde viven miles de cabalos de raza pura galega, e onde existe un importantísimo patrimonio agora en perigo: mámoas, petroglifos, elementos etnográficos, lugares nos que se rexistraron achados importantes (bifaces, cerámica, etc.)

O próximo Domingo día 7 de Outubro, SOS GROBA organiza un roteiro pola Serra da Groba que se chamará: "Dia das aves". Durará todo o día polo que haberá que levar comida e bebida. As saídas serán: as 10:00 da estación de bus de Vigo e as 11:00 da Praza de Abastos de Sabarís. Salvemos Monteferro convoca tamén a os seus socios e simpatizantes e a todo o pobo a ese roteiro organizado por SOS GROBA

 

Roteiro das aves na serra da Groba, o próximo Domingo día 7 de Outubro

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com