Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Rajoy equivócase de país ou de medicación?  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Rajoy equivócase de país ou de medicación? Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Domingo, 07 de Outubro do 2007

[MundoGaliza] O presidente do PP, Mariano Rajoy, comprometeuse a promover unha lei que garanta o dereito a usar o castelán no ámbito escolar en todas as administracións, iso se resulta elixido xefe do Executivo central nas vindeiras eleccións xerais.
Nunha conferencia sobre as prioridades de España pronunciada en Vigo, Rajoy sinalou que o seu proxecto de goberno non acepta as "manipulacións" con respecto á cuestión lingüística, porque segundo el "non se trata de non falar noutras linguas, senón de garantir que se poida usar o castelán en todo o territorio".

Este debe falar doutro país que eu non coñezo porque, até onde eu sei, o que non está garantido é o uso do galego. Cantos colexios haberá neste país que proscriban o uso do castelán?

Pódenme facer tranquilamente a manicura que acho que non vou precisar dedo ningún para contalos.

Quen fala de manipulación é, neste caso, quen manipula. Logo, como é que non acepta a súa propia obra?

Para o líder popular, o debate sobre o uso da lingua "é un problema de liberdade que esixe un posicionamento por parte do Goberno" e por iso insistiu en que non aceptará "manipulacións".

Rajoy realizou un balance da presente lexislatura, na que para o popular o Goberno que preside José Luis Rodríguez Zapatero non abordou as "verdadeiras prioridades" de España.

A saber cales pensa Marianico que son as verdadeiras prioridades da España. Xa pode durmir envolto nun pixama vermello e marelo e soñar coa letra que lle poría ao himno, logo podía facer balance de cantas estrofas, mellor liñas, ou case mellor aínda palabras é capaz de cantar dun himno que si ten letra e do que debería estar orgulloso.

Finalmente, criticou a inversión prevista para Galicia nos PGE e reiterou o seu compromiso de retomar o 'Plan Galicia' nos cen primeiros días de mandato se é elixido presidente.

Pois si, será que non lle parece ben a partida orzamentaria que recibirá a Galiza. Se o considera oportuno podíamos cambiar esta inversión exígua pola dos gobernos Fraga. As vacas fracas acho que prefiren ficar fóra da Galiza, ti que dis?... E o "Plan Galicia" que viña sendo?

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com