|
VII Conferencia de nacións sen estado. A reforma das institucións internacionais |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 08 de Outubro do 2007 |
|
A Fundación Galiza Sempre participa na VII Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) que se celebrará no Val de Aosta do 12 ao 14 de outubro baixo o lema "AS NACIÓNS SEN ESTADO E A REFORMA DAS INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS". Xosé Manuel Beiras, presidente da fundación, presentará unha ponencia o sábado 13 con consideracións e propostas en torno á reforma da Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
Desta volta, a CONSEU -constituida en 1985 coa activa presenza do nacionalismo galego- pretende incorporar o seus propios puntos de vista ao debate que persegue a democratización da ONU e outras organizacións multilaterais globais. A Conferencia que celebra a súa sétima edición é un foro de debate e confluenza entre organizacións políticas, culturais e cívicas co obxectivo común de avanzar cara unha Europa respectuosa coa sua diversidade nacional, lingüística e cultural e, consecuentemente, cos dereitos colectivos que constitúen a súa base. A vontade da CONSEU é agrupar as diferentes sensibilidades e espectro ideolóxico do nacionalismo europeo partindo do respecto aos principios democráticos e do dereito a autodeterminación dos pobos. |