|
Logo das peticións dos seguidores da famosa serie "Heroes ", que ven de emitir a TVG este verán, Universal Pictures Iberia lanza o mércores 17 de Outubro a Primeira Tempada Completa da serie co son opcional en galego. Trátase da primeira vez que unha "major" americana fai expreso o seu respecto pola lingua Galega, e edita e distribúe una serie ou película con pistas de son na nosa língua. Logo do tempo que houbo que agardar para este fito, e das dificultades achadas polo camiño, desexamos que os seguidores da serie e o público galego en xeral fagan deste lanzamento pioneiro un éxito que lle dea pulo á empresa americana para voltar a inverter diñeiro na difusión da lingua galega, e o seu respecto; e así animar a outras empresas estatais ou estranxeiras a ir erguendo o tecido audiovisual de consumo en lingua galega, tan importante para nós.
O lanzamento faise en dúas edicións: unha Edición Sinxela, e unha Edición Coleccionista. As características das mesmas son as seguintes: EDICIÓN SINXELA * Contido: 7 Discos. * Imaxe: 1.78:1 16/9 anamórfica. * Son: o Dolby Dixital 5.1 Inglés, Español. o Dolby Dixital Estéreo Euskera, Galego, Catalán. * Subtítulos: Inglés, Español, Portugués. * Prezo recomendado: 49.95 € Contido Extra: * O Episodio Piloto Inédito (non emitido). * Audiocomentarios. * Esceas eliminadas. EDICIÓN COLECCIONISTA * Contido: 8 Discos. * Imaxe: 1.78:1 16/9 anamórfica. * Son: o Dolby Dixital 5.1 Inglés, Español. o Dolby Dixital Estéreo Euskera, Galego, Catalán. * Subtítulos: Inglés, Español, Portugués. * Prezo recomendado: 64.95 € Contido Extra: * O Episodio Piloto Inédito (non emitido). * Audiocomentarios. * Esceas eliminadas. Disco 8 - Contido Extra só da Edición Coleccionista * Coma se fixo. * Os dobres. * Os debuxos * A música. * Tráiler. * Efectos especiais. * Lector da mente: Xogo iterativo. * Zona SciFi. Tamén inclúe: * O cómic orixinal da serie. * Un código persoal para ir á web de Heroes e obter unha camisola. * Logo dun sorteo, invitación para ver o primeiro capítulo da 2ª tempada nos multicines Kinépolis. |