|
Xornadas "O Miño, unha corrente de memoria" en Goián (Tomiño) |
|
|
|
Escrito por ghalleiras
|
|
Venres, 19 de Outubro do 2007 |
|
A Comisión pola Verdade do 36 organiza en Goián (Tomiño) as Xornadas “O Miño, unha corrente de memoria” que tratarán sobre as relacións entre as poboacións da raia no 36. Serán inauguradas hoxe 19 de outubro, pola Delegada da Consellaría de Cultura e a Alcaldesa de Tomiño. Haberá varias mesas redondas onde participarán algúns dos protagonistas da época, ademais da proxección de varios documentais, como "O campo de concentración de Camposancos", de Xosé Ballesta, "A derradeira lección do mestre", dirixido por Xoán Carlos Garrido ou "Os traballadores do contrabando", de Victor Abundancia entre outros. Pódese ver todo o programa das Xornadas en InfoRosal.com
|