|
A CIG presenta unha iniciativa lexislativa popular para eliminar o plus para os altos cargos |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 30 de Outubro do 2007 |
[GZnación] A CIG rexistrou hoxe no Parlamento galego o texto dunha iniciativa lexislativa popular para impulsar o cambio da última reforma da Lei de Función Pública e eliminar o polémico sobresoldo para os ex altos cargos. En declaracións aos medios tras entregar o escrito no Rexistro da Cámara, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, explicou que agora a Mesa do Parlamento debe decidir nun mes se acepta a proposta. En caso afirmativo, a CIG dispón de catro meses para recoller as 15.000 firmas necesarias para que a iniciativa sexa debatida en pleno. Algo que segundo Seixo non será un problema “até obteremos máis apoios", augurou.
Así, recordou que recorren a este mecanismo unha vez que a través dos grupos parlamentarios non lograron "garantías" de que se puidese modificar unha lei que aprobaron por unanimidade as tres forzas. No entanto, o BNG está disposto a acometer a reforma a través dunha emenda de adición na lei de orzamentos para 2008, mentres que o conselleiro de Presidencia, José Luís Méndez Romeu, xa descartou que a futura reforma da Lei de Función Pública vaia levar a revisión do plus para os ex altos cargos como reclama o seu socio de Goberno. |