|
Hoxe ingresan na cadea os 3 do Eixo |
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 30 de Outubro do 2007 |
|

A CiberIrmandade da Fala quere colaborar en espalhar esta información colada do blog dos 3 do Eixo e amosar a súa solidariedade con eles: As asociacións veciñais do concello de Santiago convocan unha concentración na dársena de autobuses da Avenida de Xoan XXIII o martes 30 de Outubro ás 19 horas. Queremos mostrar o noso apoio aos tres veciños do eixo no momento do seu traslado á prisión. Para aquelas persoas que queiran acompañalos a Teixeiro, sairán autobuses dende o mesmo lugar. LIBERDADE PRA OS 3 DO EIXO xa!!
|