|
Toponimia -- Dun exiliado a unha empresa/institución galega |
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Domingo, 27 de Novembro do 2005 |
|
25/5/2000 Denantes de nada quixera apresentar-me. Chamo-me Fulanito de Tal e son .... Precisamente por esta causa vexo-me obrigado a estar algun tempo fora de Galicia, nestes periodos de tempo intento estar o mais informado posibel sobre Galicia, e a boa fe que INTERNET e un excelente meio para obter informacion. Foi deste xeito como descubrin as suas excelentes paxinas. Primeiro quixera felicitar-lles pola sua iniciativa de dar un servizo neste meio de comunicacion que certamente leva caminho de se convertir nun dos meios de comunicacion mais importantes do futuro. Pero permitan-me facer-lles unha suxestion co animo de contribuir a mellorar as suas paxinas. Empregan voces sistematicamente nomes de cidades ou provincias galegas deturpados, e ao meu entender non poden vivir de costas a realidade linguistica e historica dun povo, mais se esto non abondase a Lei de Normalizacion linguistica di no seu artigo 10 que "os toponimos de Galicia teran como unica forma oficial a galega". Cumpran pois coa legalidade e chamen as cidades e provincias galegas polo seu nome. Cos meus cumprimentos,
|