Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow Modelos de Cartas de Prego arrow Específico -- Á Xunta, para que presione a Microsoft  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Específico -- Á Xunta, para que presione a Microsoft Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Novembro do 2005

[Incluído a xeito de documento histórico] 

14/06/2000

Enviallo a < Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver >

Excelentísimo Sr. Presidente.

Permítame vostede que lle roube un pouco do seu tempo para traguerlle á memoria un asunto, que posiblemente, debido as súas altas tarefas de gobernación teña un pouco esquencido. Para elo remésolle copia do escrito que recibín de vostede hai dous anos.

Dende aquela, Microsoft sacóu ó mercado o Office 2000 e o Windows 2000 (Enterprise e Profesional). Ningún de estos dous productos teñen versión en galego. O corrector ortográfico que oferece a Xunta, que vostede preside, non funciona coa versión de Word 2000, e eu, que estóu utilizando este producto, véxome na obriga de corrixir os meus textos a ollo.

Como contribuinte e cidadán galego, solicítolle faga as xestións que considere convintes para que Microsoft, inclúa o galego como língua nos seus productos e sistemas operativos.

Non se lle escapará a vostede a grande difusión que teñen estes productos e o que pode contribuir a inclusión da nosa língua para a Normalización Lingüística do noso país.

Coa esperanza de verme atendido na miña petición, reciba un cordial saudo de XXXXXXXXXX

 

-----Mensaxe orixinal-----
De: Manuel Fraga Iribarne [mailto: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ]
Enviado el: martes 2 de junio de 1998 13:27
Asunto: windows 98

Estimado amigo:

Agradezo que me transmitira ó meu buzón de correo electrónico a súa preocupación pola falta dunha versión do Windows 98 en galego.

Comunícolle que as consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a través das súas respectivas direccións xerais de Informática e de Política Lingüística, iniciaron formalmente o proceso con Microsoft para que o galego sexa incluído dentro das propostas presentadas ós seus equipos de localización para a traducción dos productos Microsoft máis difundidos, tales como as futuras versións do sistema operativo Microsoft Windows, Microsoft Internet Explorer, Microsoft Word e Microsoft Excel.

O interese da Xunta de Galicia na traducción ó galego do popular sistema operativo remóntase a anos atrás, pero é agora cando inicia formalmente o proceso, que pretende abrir unha liña de cooperación tecnolóxica entre ámbalas dúas entidades.

Así mesmo, segundo Microsoft Ibérica, a localización dun producto como Microsoft Windows supón máis de 18 meses de traballo dun amplo equipo formado por desenvolvedores e lingüístas. Dende esta empresa farase o maior esforzo posible para que os equipos de desenvolvemento en Microsoft Corporación inclúan o galego entre os proxectos de localización de versións posteriores a Windows 98 e dos productos mencionados anteriormente.

Reciba un cordial saludo,

Manuel Fraga Iribarne
Presidente da Xunta de Galicia

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com