|
Escrito por Medulio
|
|
Venres, 23 de Novembro do 2007 |
|
O grupo Gadis sorprendeunos recentemente cunha campanha publicitaria onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a “vivir como galegos”, resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais. Desde a Ciberirmandade entendemos que a “vivir como galeg@s” elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio.
Valoramos moi positivamente o proceso de galeguización de Gadis no último ano, e queremos animar a empresa a que siga con el até abranguer todos os eidos da empresa, desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, a atención ao cliente do persoal da empresa até a web do supermercado virtual, www.gadisline.com, que continua integramente en castelán. Por elo convidámoste a enviarlles un correo no que os parabenices e animes pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma. |