|
Específico -- A algún departamento da Universidade de Santiago |
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Domingo, 27 de Novembro do 2005 |
|
17/10/2000 Estimado/a responsabel de XXXXXX Veño de visitar a súa web, e quero dicirlle que me sinto amolado polo menoscabo que cara á lingua deste país ten o servizo XXXXX da USC. Coido que non está de máis lembrarlle uns artigos dos estatutos desa universidade: Art. 3. 1.- A lingua galega é a lingua propia e oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é oficial a lingua castelá como lingua oficial do Estado. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega. Consecuentemente LLE ESIXO que poña fin á tal incumprimento dos estatutos da USC, norma pola que vostedes tamén se rixen, e que o máis axiña posibel contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega, como di a antedito regulamento.
|