|
Escrito por Medulio
|
|
Venres, 02 de Decembro do 2005 |
Hoxe comeza unha nova etapa de galego21, con varios proxectos interesantes, algún deles xa en fase avanzada, como a tradución do firefox ou o glosario común a utilizar nas labouras tradutoras. Recibimos a comunicación de Roberto Abalde.
"Ola,
Finalmente hoxe comezamos coa nova etapa de galego21. Para iso montei un novo sitio web (http://www.galego21.org) onde todos vós podedes participar directamente xa que cada unha das súas páxinas poden ser modificadas polos usuarios rexistrados. O segundo proxecto que comeza é a tradución do navegador web Mozilla Firefox. A tradución xa está case feita porque collín o excelente traballo feito pola xente de Trasno. So hai que rematala e corrixila. Para máis información visitade a páxina do Proxecto Firefox en http://www.galego21.org/doku.php/proxectos:firefox E polo de agora máis nada. Se tendes preguntas, comentarios sobre o glosario ou demais cousas, xa sabedes onde facelo :-) Saúdos, Roberto" |