|
Novo proxecto da CIF: Fireboard en Galego! |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 16 de Decembro do 2007 |
|
A ciberIrmandade comeza un novo proxecto de traduzón de software co que queremos agasalhar este Nadal a nosa cultura cunha nova ferramenta na nosa lingua. O Fireboard é un compoñente do Joomla que permite integrar un Foro dentro da páxina web dun xeito doado é sinxelo. Cada día a presenza de webs feitas con Joomla é máis forte na Rede Galega polo que necesitamos traducir novas ferramentas. Colabora neste proxecto ! Soamente son 800 liñas de código e entre todos e todas non ha de ser moito traballo. Algunhas das caracteristicas do FireBoard son as seguintes:
- Deseño amigábel. É similar os foros SMF pero cunha estructura máis sinxela. Nuns poucos pasos podes modificar a imaxe e estilo dos Foros.
- Sen limites de subcategorías cunha boa administración no Xestor.
- Boa integración de módulos e mambots.
- Posibilidade de RSS e PDF
- Banners e publicidade nos foros
- Foros destacados
- Estadísticas de Visitantes
- Últimos posts
- Integración co CB comunity builder
- E moitas cousas máis....
Na seguinte ligazón tes un bo exemplo destes foros: http://www.bestofjoomla.com/component/option,com_fireboard/Itemid,38/
Colabora este Nadal na CiberIrmandade! Adiante coa traduzón do FireBoard |