|
Obxectivo. LARSA deturpa topónimos. |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 08 de Decembro do 2005 |
|
A marca lactea "LARSA", a maiores da cualidade dos seus productos, destaca por ofrecer no seu leite un etiquetado parcial na nosa lingua. Mais curiosamente, nos iogures, utilizan toponimos deturpados. Así, en troques do correcto "Vilagarcía de Arousa", refirense á inexistente localidade de "Villagarcía de Arosa". Convidamosche a achegarlle un correo á empresa propietaria de LARSA (CAPSA), pregandolles a corrección da deturpación. Podes facelo dende este enlace (desactivado por ser un obxectivo acadado); tan so tes que indicar o teu correo, escribir algo no "Asunto" e, se o consideras, indicar o teu nome na mensaxe que xa está feita (inda que a poderás modificar se así o consideras). Participa. 29/12/05-Recibido correo comunicando que van corrixir o topónimo deturpado en canto se lles esgote o stock. Paramos o envio de correos a LARSA durante un tempo. Preme aquí para ver todos os obxectivos.
|