|
Escrito por apana
|
|
Sábado, 29 de Decembro do 2007 |
|
Voluntari@s da Ciberirmandade veñen de rematar a tradución ao galego dos foros Fireboard na súa versión 1.0.4. Esta tradución é un novo e importante paso na adaptación ao galego de programas básicos para o desenvolvemento de webs sociais baseadas en software ceibe como Joomla! e Mambo. Agradecemos á comunidade internauta a súa desinteresada colaboración neste importante traballo. Tedes o ficheiro de lingua á vosa disposición nesta ligazón .
Grazas a todos-as.
|