Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Obxectivo: Federación Galega de Surf  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Obxectivo: Federación Galega de Surf Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 02 de Xaneiro do 2006

A Federación Galega de Surf ten unha web na que, nun lugar destacado, fan uso dos logos da Xunta e da Fundación Deporte Galego. É lóxico pensar que algún beneficio público están a recibir.

A web está en perfecto español, pero o idioma propio de Galiza, é algo inexistente para esta federación galega.

Xa que reciben os nosos cartos, temos o dereito a poder ler os seus contidos no noso idioma. Que reciban tamén a túa mensaxe, que podes enviala dende aquí e agora (desactivado por ser un obxectivo acadado). Participa.

17/01/2006.- A Federación Galega de Surf incluiu opción en galego. Inda non está todo na nosa lingua, pero xa deron o primeiro paso. Noraboa.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com