Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Actualización da versión 2.0.18 á 2.0.19
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.22
Ligazóns ó Chou
A. C. Xermolos 
Arquitectura Galega na Rede 
Cultura Galega 
Vieiros 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

"Necesita un pulo" Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Sábado, 22 de Marzo do 2008

 [galiciahoxe] Un estudo da Universidade do País Vasco sitúa o noso idioma con "eivas estruturais" e nun "posto intermedio" entre as linguas minorizadas da UE. No mapa europeo actual das linguas minorizadas -formado por 27 estados e 23 idiomas oficiais- o galego sitúase nun posto "intermedio" e precisa dun "pulo", segundo desvela un estudo da Universidade do País Vasco no que participa o investigador galego Nicolás Xamardo. O informe analiza algúns anos da presenza das linguas minorizadas nos medios de comunicación europeos, entre as que se atopa o éuscaro, catalán, galego, bretón, corso, frisón, gaélico, irlandés e o sami. Todas elas suman uns 11 millóns de falantes e máis de 30 millóns de habitantes. 

 

Deste xeito, este estudo revela que o galego e o eúscaro se atopan nunha situación intermedia, o que supón que contan cuns "mínimos garantidos", pero "cunha serie de problemas estruturais". Fronte a iso, o catalán presenta un panorama "case normalizado, a pesar de que ten problemas nunha serie de puntos".

A situación nos medios é a de "non seguir cara a diante"

Nicolás Xarmardo apuntou que "aparentemente" o galego nos medios de comunicación "está ben" pero que "hai unha especie" de situación de "non empuxar, de non seguir cara a diante co que hai que continuar". Na súa opinión, existe un abandono dos movementos sociais neste aspecto, porque "se confía nas institucións, no público", pero advertiu de que esta situación "pode ser perigosa".

"Se non fas unha forza importante, o castelán vai gañando espazo", advirte o investigador. En canto á visión de futuro sobre o idioma galego, Xarmardo asegurou que "ninguén é realista" e postulou a "confianza no pobo" como ferramenta para seguir impulsando a lingua.

Recordou que "era impensable" hai poucos anos ter unha televisión toda en galego ou que algúns medios incluísen noticias no idioma propio pero que se conseguiu.

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com