Venres, 16 de Maio do 2008
 
  Inicio  
Ultimas novas da CiberIrmandade
Obxectivo. Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego (28.04.2008)

Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. 

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ponygallery 2.0: tradución galega
Ó Chou:
Announces Suite 3.0.2
Cartace escuro CiberIrmandade. Xuño 2006
Ligazóns ó Chou
A porta verde do sétimo andar 
Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro 
InfoRosal 
Siareir@s Galeg@s 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

PuntoGal consegue máis de 700 apoios no Xuventude Galiza Net e supera os 8.000!! Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 22 de Marzo do 2008
 
PuntoGal acadou máis de 700 sinaturas a prol do dominio galego na exitosa campaña que levou a cabo no Xuventude Galiza Net.  Deste xeito superáronse xa os 8000 apoios individuais.
 
PuntoGal estivo presente durante os tres días que durou o encontro informático Xuventude Galiza Net, organizado pola Xunta de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

 

 

 

Información, camisetas e adhesivos

Polo expositor do PuntoGal, situado na entrada do recinto, pasaron máis de 1.500 persoas: cativos, adultos, mozos e tamén maiores.  Moitos deles achegáronse curiosos preguntando “que é iso do PuntoGal?”. Recibiron material informativo no que se explica en que consiste a iniciativa a prol do dominio para a lingua a cultura galega e as vantaxes que podería ter a consecución do dominio. Entre elas cabe destacar a creación dun espazo propio en Internet para agrupar todas as iniciativas vencelladas á nosa lingua e cultura e que permita identificar as empresas galegas nunha rede de redes cada vez máis extensa.

Os asinantes levaron camisetas do PuntoGal co lema “Estou-che a punto.gal”, ademais de adhesivos co logo “Eu.gal” que chamaron á atención dos máis cativos. Camisetas e adhesivos formaron parte da vestimenta e “uniformes” dos asistentes e participantes no evento.

Centros Galegos

Outra das vantaxes do dominio galego será permitir a conexión etre as realidades galegas en todo o mundo, especialmente entre as comunidades emigrantes da Galicia exterior. De feito, son xa 17 os centros galegos no exterior que apoian a iniciativa a favor do dominio para a lingua e a cultura galega.

Robótica e software libre

Entre as actividades principais do Xuventude Galiza Net destacaron os obradoiros de robótica -no que os participantes puideron construir un robot baseado na arquitectura Arduino- e de software libre –no que se conseguiu traducir ao galego o 100% do Open Office 3.0- así como os concursos de páxinas web e videoxogos.
 
Na extranet, todos os asistentes tiveron a oportunidade realizar actividades de globoflexia, montar no touro mecánico, xogar ao “Scalextric” ou aprender un pouco de ciencia no obradoiro “Ciencia Divertida”.

Nova orixinal: http://www.puntogal.org/web/index.php?option=com_content&task=view&id=149&Itemid=38&lang=gl
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Activa Galicia - activa o galego 
As augas galegas que murchan a lingua 
Non esquezas..

Recibir novas da CIF

Se queres, podemos enviarche por correo electrónico as novas mais importantes que publiquemos. Recibir novas.

 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com