Luns, 12 de Maio do 2008
 
  Inicio  
Ultimas novas da CiberIrmandade
Obxectivo. Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego (28.04.2008)

Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. 

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ponygallery 2.0: tradución galega
Ó Chou:
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.20
Ligazóns ó Chou
A MESA pola normalización lingüística 
Imaxes de Ferrol 
InfoRosal 
MundoGaliza 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

'Polo dereito a vivirmos en galego' Manifestación nacional para o 18 de maio Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 24 de Marzo do 2008
 
    A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a toda a cidadanía, "mesmo a aqueles que non o usan habitualmente", a reivindicar o uso "do único idioma natural de Galiza".
 
[VIEIROS]    A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou este luns en rolda de prensa a convocatoria dunha mobilización reivindicativa "especial" do uso do galego con motivo do Día das Letras deste ano. Concretamente, un día despois, o domingo 18 de maio, unha Manifestación Nacional pola Lingua percorrerá as rúas de Compostela baixo lema Polo dereito a vivirmos en galego.

Todos a Compostela pola nosa cultura!

 
A excepcionalidade débese, segundo Susana Romero, membro da directiva da Mesa, á situación de acoso que está a vivir a lingua do noso país nos últimos tempos, cun "recorte diario de dereitos" dos galegofalantes. Romero salientou o lema elixido, porque "é aberto". Neste senso chamou a participar na manifestación tamén "aos que habitualmente non o usan".

Implicación dos concellos

Fran Rei, responsábel de zonas e de mocidade da Mesa, fixo un chamamento "a todo o tecido asociativo de Galiza" a participar na mobilización: "organizacións políticas, sindicais, culturais, veciñais", e especialmente as vinculadas co ensino tal como asociacións de nais e pais e consellos escolares.

Mais, sobre todo, incidiu na necesidade de que os concellos do país se impliquen, cos que a Mesa ten previsto pórse en contacto para solicitar o seu apoio. Ademais, anunciou que o vindeiro sábado, a Mesa aprobará o manifesto "breve e contundente" que será lido ao finalizar a marcha do 18 de maio na capital.

O galego, "elemento de unión"

Por último, o presidente da Mesa, Carlos Callón, enumerou os tres principais obxectivos da Manifestación Nacional pola Lingua: que "os poderes públicos cumpran coa lexislación"; que se "garanta o dereito a vivir en galego en todos os ámbitos da vida diaria"; e que se recoñeza o que "xa está recollido no Estatuto", que "o galego é o único idioma natural de Galiza".

Callón tamén animou aos que non usan diariamente a lingua galega, "mais que a senten como propia, como un elemento de unión", a participaren na marcha.

"Discurso cínico do PP"

Ademais, criticou "a escandaleira e o discurso cínico do PP" que se opón ao Decreto do galego no ensino en Galiza, mais que "aproba un case idéntico nas Baleares".

Respecto aos que consideran que o castelán é o que está a ser atacado, Callón sinalou que "calquera persoa é consciente de que non se pode vivir en galego no día a día; convidámolos a que o intenten facer durante 24 ou 48 horas para que o comproben".

Nova orixinal: http://www.vieiros.com/nova/65368/polo-dereito-a-vivirmos-en-galego

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Activa Galicia - activa o galego 
As augas galegas que murchan a lingua 
Non esquezas..

Colaboración económica 

A CiberIrmandade ten gastos ecomicos, e necesita colaboración económica .

 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com