Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Fireboard. Tradución galega para 1.0.4
Paquete galego para Dokuwiki (rc2007-05-24)
Ligazóns ó Chou
A nosa fala 
Foros CIG-Autonomica 
Ourense Software Libre 
Servizo de normalización lingüística da UDC 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

"Moitos universitarios poden rematar a carreira sen escoitar palabra de galego" Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Mércores, 16 de Abril do 2008
 
[gznación] A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este mediodía na Coruña un informe elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos sobre a situación do galego no ensino no que se denuncia que o Estado español segue a incumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), aprobada por unanimidade polo Congreso dos Deputados no ano 2001.

Este informe, que foi enviado ao Consello de Europa, recolle tamén algunha das reivindicacións centrais da manifestación nacional que, baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”, percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 18 de maio, e que, segundo manifestou o presidente da Mesa, “se espera que sexa histórica”.
 
 
Carlos Callón recordou que no ano 2005 o Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de avaliar o cumprimento da CELRM aseguraba que o Estado español estaba aínda moi lonxe de cumprir os obxectivos con respecto ao galego, e asegurou que “a maioría das recomendacións elaboradas por este Comité aínda non foron levadas á práctica, agás con algunhas liñas, como coa creación das galescolas ou coa aprobación do novo decreto para o ensino non universitario, que marca un mínimo dun cincuenta por cento da docencia en galego e que progresivamente debe achegarse ao cumprimento da Carta”.

A universidade


En canto á educación superior, Callón recordou que o Estado español asumiu neste epígrafe a parte máis baixa de aplicación da Carta, consistente simplemente en “fomentar e/ou permitir o ensino universitario ou outras formas de educación superior nas linguas rexionais ou minoritarias ou facilitar o estudo desas linguas como materias no ensino universitario ou superior”.

O presidente da Mesa asegurou que “a realidade é que moitos alumnos poden empezar e rematar a carreira sen escoitar unha palabra de galego”. Segundo os datos elaborados polas propias universidades, na da Coruña tan só se imparten un dez por cento das aulas na nosa lingua, unha porcentaxe que sube até o 16 por cento na Universidade de Vigo e que na USC alcanza o 20 por cento.

“O feito de que o profesorado non teña que cumprir co requisito de coñecer o galego non está permitindo o dereito do alumnado de se expresar na súa lingua”, lamentou Callón, e engadiu que “moitos teñen que renunciar ao idioma para non ter problemas coa avaliación”.

No informe presentado esta mañá na Coruña, A Mesa reclama como medidas urxentes para o cumprimento da Carta Europea das Linguas que se estabeleza un “plan de formación lingüística para o profesorado” e que se garanta a “existencia de materiais pedagóxicos en galego para todas as etapas educativas, algunhas delas con especiais carencias, como educación infantil, o primeiro ciclo de primaria e os ciclos formativos”.

Na FP non hai case libros en galego

Callón puntualizou que “a lei estabelece que na FP se debe acadar cando menos un cincuenta por cento do ensino en galego, tanto a nivel de docencia como de material didáctico, e a realidade é que apenas hai libros en galego”.

Outras das medidas demandadas pola Mesa para o cumprimento da CELRM son que se estipule “o coñecemento do galego como un requisito para o acceso á docencia universitaria”, así como “estabelecer uns mínimos de produción científica en galego nas universidades”.

Máis unha vez, o presidente da Mesa denunciou publicamente o “incumprimento masivo” do novo decreto do ensino, e foi máis aló: “Hai algúns centros nos que se están a impartir materias en castelán que se tiñan que impartir en galego xa desde os anos oitenta, como é o caso de Xeografía e Historia”.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com