|
Pradolongo, unha película que emociona |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 17 de Abril do 2008 |
[radiofusión] A película Pradolongo está a reventar as taquillas nos cines de toda Galicia. Engaiola a adolescentes, xovenes e adultos. Leva ao cine a persoas que levaban moitos anos sen entrar nas salas. Tanto as zonas do interior como da costa síntense identificadas coa trama da película, co triángulo amoroso entre 1 rapaza e 2 rapaces, pero tamén coas peripecias dos seus pais e dos seus avós. O director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto visitaron esta mañá os estudos de Radiofusión. Amosáronse moi satisfeitos pola resposta da xente á peculiar promoción da película que están a realizar por entidades culturais, asociacións de veciños e centros educativos.
Esta mañá visitaron o IES de Fene, pola tarde acudirán á Sociedade Agarimo de Sillobre e mañá presentarán a película na Casa da Cultura de Fene. Tamén mañá venres estrease comercialmente a longametraxe nos Cinebox de Narón. De xeito simultáneo outras 6 copias estanse a proxectar en diferentes lugares de Galicia. Escoita aqui a entrevista que en Radiofusión mantiveron coa equipa de Pradolongo. |