Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Entrevista Radio Piratona. Dia das Letras 2006
Visit Counter (Galego)
Ligazóns ó Chou
Dicionario RAG da TVG 
GZnación 
Gastronomía galega 
Versão Original 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Songoku non vai falar en galego no DVD de Dragon Ball Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Xoves, 17 de Abril do 2008

ImageA Mocidade pola Normalización Lingüística lamenta que Songoku non vaia poder falar en galego no DVD de Dragon Ball GT que sae ao mercado o próximo 30 de abril. A distribuidora Selecta Visión escúsase perante as queixas e solicitudes de información que recibiu nas últimas semanas afirmando que “os prezos das dobraxes da TVG son inasumíbeis” en relación cos das outras televisións autonómicas.

A sección xuvenil da Mesa recorda o compromiso adquirido pola TVG en 2006 de ceder as súas dobraxes “en iguais condicións que a ETB vasca e a TV3 catalá” e pide explicacións ao ente público “polo seu incumprimento do acordado”.


Santiago de Compostela, 17 de abril de 2008.- O próximo 30 de abril a distribuidora Selecta Visión porá no mercado do DVD a terceira e última parte da saga da mítica serie de debuxos animados que ten por protagonistas a Songoku e os seus amigos: Dragon Ball GT, continuación de Dragon Ball e Dragon Ball Z.  

Ao coñecerse que o DVD soamente sairá ao mercado con opción de audio en castelán, xaponés e catalán e opción de subtítulos en castelán, foron moitas as persoas que comezaron a dirixirse á distribuidora de produtos audiovisuais para interesarse pola razón pola cal entre as diferentes linguas nas que se poderá ver a serie non está o galego e mesmo reclamarlle que reconsiderasen esa decisión e incluísen tamén o idioma no cal durante tantos anos falaron Songoku e a longa listaxe de personaxes que o acompañaban a través dos nosos televisores. Selecta Visión, por súa parte, vén respondendo a todos estes pedimentos e reclamacións que “non foi posíbel incorporar o galego ás opcións do DVD” debido, segundo asegura a distribuidora, “á inasumíbel política de prezos de cesión de dobraxes que ten a TVG”, en comparación “coa máis asumíbel doutras televisións autonómicas”.

Ao coñecer esta nova situación de discriminación da nosa lingua no ámbito audiovisual, a Mocidade pola Normalización Lingüística dirixiuse tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza como á dirección da TVG para “pedir explicacións” polo que, segundo explicou o colectivo xuvenil, “sería a todas luces un incumprimento do compromiso contraído pola propia TVG coa Mesa en 2006 para ceder as súas dobraxes en iguais condicións ás da ETB vasca e a TV3 catalá”. A Mocidade pola Normalización Lingüística recorda que grazas a aquel compromiso “a TVG cedeu gratuitamente a dobraxe para DVD da mítica serie Allo, Allo!, por exemplo” ou foi posíbel a inclusión da nosa lingua no da serie Heroes.

A sección xuvenil da Mesa exixiu “que se esclareza oportunamente o que aconteceu” para que Dragon Ball GT non vaia estar en galego e, asemade, “un compromiso claro” por parte da TVG “do cumprimento do acordado en 2006 para a cesión de dobraxes” de xeito que a canle autonómica “cumpra un dos seus principais cometidos: ser un axente activo e esencial na normalización e extensión social da lingua galega”.

Relacionado:

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com