Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Cando A Coruña era monolingüe en galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Cando A Coruña era monolingüe en galego Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Sábado, 19 de Abril do 2008

[AMesapNL] Neste artigo publicado  por Xosé Rei García (A Coruña 1981) licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, amósase ben as claras, a manipulación  que desde a contorna intelectual do ex-rexidor coruñés se ten feito sobre a galeguidade desta cidade (Revista Longa Lingua nº 13):

   "Véñense de iniciar co novo ano os actos conmemorativos do que se deu en denominar o 800 aniversario da cidade da Coruña. Deuse en denominar, dicimos, porque é só esta algunha das pequenas "falacias" -descúlpésenos o matiz negativo da palabra, maila nós a utilizarmos segundo o seu significado etimolóxico, que decote se empregan arredor deste controvertido e dificilmente obxectivabel facto histórico.

   Dicimos falacia porque non parece especialmente probábel que un lugar xa denominado polos romanos como Magnus Portus Artabrorum, cun importante faro pra a navegación construído no tempo do Imperador Traxano, coñecido segundo as crónicas polos comerciantes gregos e fenicios, arrodeado de lendas e mitos como o de Hericles e Xerión ou o Rei Breogán e seu fillo Ith ou onde abondan vestixios de castros e petróglifos, como os da zona da Punta Herminia, perto da propia Torre teña soamente 800 anos de existencia ou comezase a ser repoboado pouco antes da chamada Carta do Rei Afonso.

   Toda vez que hoxe o concepto de repoboación/despoboación está xa abertamente desmitificado pola historiografía galega maioritariamente, non sería doado de entender que unha zona como a da Coruña ficase longo tempo despoboada, abandonada e case apagada da memoria colectiva, como algunhas lecturas interesadas suxeren, para logo reabrollar nun determinado momento. 

   Mais ben haberá que decantarse, por criterio de simple lóxica, por pensar que asentamento humano na Coruña hóuboo, como mínimo, desde a época castrexa e sempre de xeito ininterrompido, como en moitos outros lugares costeiros da Galiza, fóra dos "movementos" tácticos producidos polas invasións normandas, árabes ou viquingas e para alen de que, con efecto, inzase na alta Idade Media o núcleo de poboación de Santiago do Burgo.

   Unha outra falacia constante é o continuo recurso a citar a Afonso IX "de León" como o rei que concedeu á Coruña o privilexio de se constituír en vila de reguengo en 1208. Faidse preciso dicir que non existiu nin existe tal Afonso IX, máis que na clarísima intencionalidade ideolóxica-política da historiografía española moderna, nin na coroa "leonesa" nin tampouco na "castelá": o monarca que concedeu a que a historiografía española denomina Carta Puebla debe ser referido correctamente como Afonso VIII, con efecto naquela altura Rei de Galiza, e se se quere, de xeito redundante de León (pois que León non é que fose un reino diferenciado na altura, senón simplemente unha cidade galega en qeu se asentaba a Corte).

   Antes deste Afonso VIII śo houbo outros sete no reino galego-leonés -ou simplemente galego- e non oito, para que o houbese que datar como IX; porén, a historiografía española computou e computa erroneamente a Afonso I de Castela "no mesmo saco", por máis que este nunca chegase a reinar sobre o de Galiza. A intención disto é ben evidente: ocultar, por unha parte, a existencia dun reino propiamente galego durante toda a alta idade media (e por tanto un país cunha estrutura de seu social, económica, política, cultural e mesmo relixiosa) e xustificar un inexistente continuum de monarquía unificada con preeminencia castelá pouco menos que desde a Hispania romana.

   A terceira das falacias arredor das cales xira a "fundación" da Coruña, e quizáis a máis agresiva por aberrante e anti-histórica, é , como non, a que se refire á denominación "orixinaria" do asentamento da Coruña. Xa non é soamente a tradicional controversia entre A Cruña ou A Coruña para denominar a cidade non noso idioma. Aínda neste pasado Nadal o ex-alcalde Francisco Vázquez volvía axitar argumentos pseudo-lingüísticos para criticar sen ambaxes a decisión do actual goberno municipal bipartido de usar nas conmemoracións oficiais a denominación oficial A Coruña xa que, segundo el e a súa autoritas, a saber se concedida no Vaticano ou nalgún outro centro do Saber universal, "no momento da fundación da cidade xa se empregaba a denominación de La Coruña".

    E claro está, perante tan magna aseveración, aló fomos pescudar no texto orixinario da Carta rexia de D. Afonso VIII, de onde tiramos no latín orixinal o seguinte fragmento textual: "iuxta Turrim de Faro in loco que dicitur Crunia". U-la, pois, calquera denominación igual ou semellante ao La Coruña pacovazquiano neste retallo do chamado Faro de Benavente? Mesmo aínda que aparecese algo que puidese parecerse ou que puidese vir escrito á castellana, aquí ou en documentos medievais posteriores, cómpre non esquecermos que na época na que nos atopamos a característica máis común e o polimorfismo, é dicir, o uso -mesmo a un tempo- de formas escritas de xeito diverso, perante a ausencia de normas ortográficas, gramaticais ou doutro tipo.

   E así mesmo, unha época na que os documentos máis formais van seguirse escribindo en latín maioritariamente -porén, nun latín que pretende imitar o clásico e que, por suposto, os escribáns xa nin falan nin entenden; e os que teñen coñecementos na antiga lingua imperial, cometen acotío grallas ou introducen termos da súa lingua romance, isto é, o galego ou, como se di na altura, o sermo vulgaris -e nos que van abondar as contaminacións e confusións.

   Poucos anos despois do Foro de Benavente e da condesión á Coruña, na Illa de Faro, da condición de reguengo é que vai aparecer, por certo, o primeiro documento en prosa escrito en galego do que se ten noticia neste momento: o Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas (1228), dado polo mesmo rei Afonso VIII.

   A partir do reinado de Afonso X O Sabio, xa rei de Castela (e tamén de Galiza, aínda que coa Corte xa afastada do noso territorio, concretamente en Toledo), vaise tomar o costume de utilizar o castelán nos documentos rexios, ao tempo que no veciño reino portugués se fai o propio co galego-portugués e se regulan as súas grafías (é a época na que comezan a usarse os dígrafos -nh- e -lh-, baixo a Corte do Rei D. Afonso O Boloñés). Cando no século XV o rei castelán Xoán II concede á Coruña o título de cidade (pois até ese momento -1446- só o tiña de vila) vaino facer xa en castelán obviamente. Máis en absoluto quere isto dicir -como anti-historicamente o ex-rexedor coruñés ou outros suxeren -que na Courña o pobo usase o castelán. Moi ao contrario, hoxe sabemos por documentos de carácter privado e mesmo por libros de actas que se conservan -como os do primitivo Concello coruñés-que, como en calquera outro lugar da Galiza. o galego era usado con plena normalidade pola poboación.

   Eis precisamente o que tencionan, mo no fondo e en definitiva, os amigos do tal Afonso IX, a despoboación da vella Brigantium e, como non, o uso medieval de La Coruña (xa postos, poden argumentar o seu uso desde o neolítico): a negación da galeguidade da Coruña, e sobre todo, a negación de que no momento da concesión á Coruña da condición de reguengo, que fixo tal foi un rei galego, nun reino galego e no contexto dunha sociedade plenamente galega. Neste contexto -e no da dialéctica que supuxo no país a etapa medieval -é que debera ser coherentemente situado o "nacemento" da Coruña como vila, cando menos dun punto de vista simbólico e documental. O contrario poderíase denominar de moitas formas, mais nunca como historia."

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com