Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Dereitos Civís convoca concentracións diante das sedes da COPE pola súa actitude en contra o galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Dereitos Civís convoca concentracións diante das sedes da COPE pola súa actitude en contra o galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 21 de Abril do 2008
Por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir, o Movemento polos Dereitos Civís convoca para o vindeiro mércores 23 de abril a toda a sociedade a concentrarse diante das sedes que a COPE ten nas sete cidades, baixo o lema "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir". Con este acto quérese manifestar un claro rexeitamento contra a política de agresión ao galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal.




     Hai unhas semanas Radio Popular, S.A. (propietaria da Cadena Cope, a emisora da retrógrada Conferencia Episcopal) denunciaba perante o Consello Xeral do Poder Xudicial a unha maxistrada galega, a titular do Xulgado do Social núm. 2 de Santiago de Compostela. A acusación dos servizos xurídicos da radio dos Bispos –acusación que acabou sendo arquivada- baseábase na suposta parcialidade da xuíza por permitir a utilización do galego nun xuízo contra a emisora e por emitir tamén en galego a sentenza do devandito xuízo.
 
    A denuncia da Cope, que parece ignorar o carácter oficial que na actualidade posúe a lingua galega, é reveladora do ánimo vingativo da emisora ao recibir unha sentenza contraria aos seus intereses empresariais e tamén dos seus fondos prexuízos contra o galego, unha lingua que dista moito de ser de uso normal na Administración de Xustiza, o que fai aínda máis valioso o compromiso e esforzo individual de xuíces como a denunciada pola emisora episcopal.
 
    Por estas razóns, Dereitos Civís convoca a toda a sociedade galega a participar nas concentración que se van realizar diante das emisoras que a COPE ten nas sete cidades galegas e anima ás asociacións e colectivos a rexeitar de xeito unánime actitudes como a da radio dos bispos.
 
    Ao final do acto darase lectura o manifesto “A COPE quere amordazar o galego. Non llo imos permitir”. Pregamos a maior difusión posible deste acto, pois canta máis xente participe na convocatoria máis claro chegará a nosa mensaxe.

Lembra: Concentración contra a actitude belixerante de Radio Popular S.A. en contra do galego.

Lugar: Emisoras da COPE das sete cidades galegas.

Día: mérores 23 de abril.

Hora: 20:00 h.

Estas son as direcciós da COPE nas sete cidades:

Santiago 97.1 FM
Xeneral Pardiñas, 14-16, 1º

A Coruña 96.9 FM
Linares Rivas 6-7, 7º

Ferrol 873 AM
Praza de España, 5-6, 1º

Lugo 1224 AM / 88.9 FM
Valiño, s/n. - 27008 Lugo

Ourense 1143 AM
Progreso, 89-5º

Pontevedra 106.6 FM
Joaquín Costa, 1, 1º

Vigo 900 AM / 87.8 FM
Príncipe, 57-1º
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com