Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O Colectivo Urbano Lugrís rememora o 25 de Abril cunha obra teatral na Coruña  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

O Colectivo Urbano Lugrís rememora o 25 de Abril cunha obra teatral na Coruña Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Luns, 21 de Abril do 2008

 O Colectivo Urbano Lugrís dirixe o convite á vosa presenza e o pedido de divulgación do acto que está a organizar para asinalar a Revolución do 25 de Abril. Iste ano optámos pola organización dunha obra teatral inédita, escrita propositadamente para o evento polo dramaturgo portugués Jorge Louraço Figueira, que abordará o espírito da Revolución nos nosos días e na sociedade galega, contando coa participación de actores portugueses e da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Unha obra irreverente e interactiva, que pretende suscitar a reflexión.
"Fisterra" terá unha única representación no día 30 de Abril (víspera de festivo), ás 21 horas, no Auditório do Fórum Metropolitano da Coruña, co prezo de entrada de 5 euros, que poden ser adquiridas na taquilla do Auditorio, na tenda "O Tabuleiro" (Rúa do Anxo 9, A Coruña) e en  e en http://www.servinova.com.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com