Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Tradución do Coppermine ao galego (UTF-8)
Manual de actualización do Coppermine
Ligazóns ó Chou
Balonmán Xiria 
Guláns,Luis Soto 
Radio Piratona 106.0 FM 
Versão Original 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Máis de 500 persoas participaron nas concentracións diante da COPE a prol do galego Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
[mpdc] Vigo, con case 200 participantes, foi a cidade que máis asistentes rexistrou, seguida por Santiago e A Coruña. Máis de 500 persoas acudiron onte pola as concentracións convocadas polo Movemento polos Dereitos Civís diante das emisoras da COPE das sete cidades galegas. Baixo o lema “A COPE quere amordazar o galego. Non llo imos permitir”, medio milleiro de persoas se congregaron en toda Galiza para denunciar a actitude belixerante da radio dos bispos a respecto do uso do galego, xa que hai unhas semanas presentou unha denuncia contra unha maxistrada de Compostela por permitir e utilizar o a nosa lingua.
Durante a concentración puideronse escoitar consignas tais como “esta emisora é unha represora”, “a radio episcopal trátanos fatal” ou “Rouco Varela contra a lingua galega”, coas que os asistentes trasladaron un claro rexeitamento cara a política lingüística practicada por Radio Popular, S.A. Vigo foi a cidade na que máis cidadáns, arredor dunhas 200 persoas, se reuniron diante da radio para facer valer os seus dereitos lingüísticos, seguida de Santiago e A Coruña.
Ao final do acto procedeuse á lectura dun manifesto, no que se indicaba que a actitude da Cope, “que parece ignorar o carácter oficial que na actualidade posúe a lingua galega, é reveladora do ánimo vingativo da emisora ao recibir unha sentenza contraria aos seus intereses empresariais e tamén dos seus fondos prexuízos contra o galego, unha lingua que dista moito de ser de uso normal na Administración de Xustiza, o que fai aínda máis valioso o compromiso e esforzo individual de xuíces como a denunciada pola emisora episcopal, xuíza á que lle queremos enviar unha mensaxe de solidariedade e ánimo na súa perseveranza en favor do idioma galego”.

Vulneración de dereitos


Ao remate da concentración de Pontevedra, unha parella da policía abordou a dous rapaces que acaban de participar no acto solicitándolles que se identificasen “por ser sospechosos de participar en una concentración”. Un dos rapaces foi levado a comisaría por negarse a identificarse e ao preguntar os motivos polos que se lle requería a documentación, un dos axentes respondeu "no entiendo lo que dices. No sé lo que hablas", mentras que outro comentou “Estás en España, amigo”, en referencia a defensa do galego promovida durante a concentración. O detido permaneceu 45 minutos ns dependencias policiais e foi ameazado con ser denunciado por negarse a unha primeira identificación. Segundo relatou viviu “unha situación denigrante e que amosa a verdadeira face de axentes que, no lugar de defender os direitos máis básicos, adícanse a reprimilos por sistema”.

 

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com