Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Nova web sobre o plurilingüismo en Galiza  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Nova web sobre o plurilingüismo en Galiza Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
 [uvigo] En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007). Este decreto reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo en Galicia dende 1995. A principal diferenza é que o actual programa marca nun mínimo do 50 % as materias que deben ensinarse en galego, fronte ao teórico e nunca cumprido 33 % do programa anterior. Este cambio é moi necesario unha vez feito o diagnóstico da aplicación do programa durante os últimos 12 anos, que deu uns resultados moi insatisfactorios na adquisición ou reforzamento de competencias lingüísticas do alumnado galego.

Os datos demostraron que co anterior programa os únicos alumnos con alta competencia bilingüe oral e escrita eran aqueles de lingua inicial ou ambiental galega, mentres que os alumnos de lingua inicial ou ambiental castelá non conseguían ser bilingües ao se detectaren neles graves eivas e insuficiente formación lingüística.

O programa anterior, o do chamado “bilingüismo harmónico”, resultou un fracaso porque non capacitou por igual a todo o alumnado nas dúas linguas oficiais.



EN QUE CONSISTE A EDUCACIÓN PLURILINGÜE ?

O termo educación bilingüe ou plurilingüe refírese ao uso de dúas ou máis linguas de instrución durante algún momento do proceso educativo da poboación en idade escolar. A gran maioría dos estados do mundo ofrece algunha modalidade de educación plurilingüe. O obxectivo de todo modelo de educación plurilingüe é posibilitar o dominio efectivo dunha ou máis linguas que o alumnado non ten no seu medio social e/ou familiar.

Pero a educación plurilingüe é moito máis cá promoción dunha segunda ou terceira lingua: é apostar polo desenvolvemento social, polo enriquecemento da comunidade e pola consecución dun mundo máis democrático, educado, culto, tolerante, libre e plural. E precisamente isto é o que menos lles gusta aos detractores da educación bilingüe.

Por iso, o plurilingüismo debe ser unha esixencia e unha aspiración para todas as persoas, non só para os falantes de linguas socialmente minorizadas. O plurilingüismo é precisamente o camiño máis axeitado para salvagardar a diversidade cultural, con todo o que iso implica; con esa finalidade, a educación debe perseguir a plena capacitación plurilingüística do alumnado.

O sistema educativo, de seu, non pode garantir nin o mantemento nin a recuperación dunha lingua, pero será moi difícil darlle continuidade futura a un idioma á marxe do sistema educativo. De feito, nas sociedades plurilingües, só as linguas que teñen presenza no sistema educativo teñen garantida a súa demanda como linguas de prestixio social (mercado laboral, medios de comunicación etc.).

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com