Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Amplo seguimento na folga de estudantes por un ensino en galego  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Amplo seguimento na folga de estudantes por un ensino en galego Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Xoves, 24 de Abril do 2008
 
[avantar] A grande maioría dos institutos de Vigo aparecían sen alumnado nesta xornada de loita pola reivindicación do galego. Grupos de piquetes percorreron os centros de ensino, e logo despois xuntaban voces para berrar polo galego ás 12 na Praza dos Cabalos en Vigo.

O Foro da Mocidade de Vigo convocaba para este 24 de abril unha folga no ensino medio de Vigo polo cumprimento do 124/2007, que é a lei que rexe o emprego do galego no ensino.

Aulas baleiras e unha manifestación de máis de 400 estudantes é o resultado desta primeira mobilización local polo uso do galego no sistema educativo.

 A manifestación partía da Praza dos Cabalos pasadas as doce e media da mañá, e realizaba un percorrido polas principais rúas do centro de Vigo, até rematar fronte á Delegación da Xunta nesta cidade.

"Queremos estudar en galego"

 

A manifestación, escoltada por policias antidisturbios, tivo un ambiente festivo e combativo, centrando as reivindicacións na língua e na soberanía de Galiza.

Berros como "Na Galiza en Galego", ou "Queremos estudar en Galego", estiveron acompañadas de reclamacións de soberanía para o noso país e críticas tamén para "Galicia Bilingüe", os defensores do uso do español na Galiza.

A mobilización rematou coa lectura dun manifesto por parte dun estudante onde sinalaban que "para o Foro da Mocidade de Vigo a verdadeira normalización é camiñar cara o monolingüismo galego no ensino e na sociedade en xeral".

 

 

 


 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com