|
"Shin Chan e a costeleta imposible", á venda en lingua galega |
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
XORNAL.com "Shin Chan e a costeleta imposible" é o novo dvd da saga de éxito que mañá se lanza simultaneamente ao mercado en galego e no resto das linguas oficiais. O novo título estará dispoñible na súa versión en galego, castelán, catalán e éuscaro, así como na versión orixinal xaponesa, nas principais superficies comerciais de Galicia e do resto do Estado.
A edición de Shin Chan e a costeleta imposible, que consta de dous discos de 92 minutos de duración, inclúe tamén, como extra, a curtametraxe inédita coas aventuras do Porquiño Valente, O castelo monstruoso.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu a dobraxe ao galego desta nova aventura animada para que os nenos e as nenas de Galicia dispoñan da banda sonora da película na lingua propia e, deste xeito, se amplíe a oferta en galego dos produtos de lecer infantil de maior éxito no mercado. Ademais, o próximo 5 de maio sairá á venda outra película de animación coa banda sonora en galego, Doraemon Animal Planet. Política Lingüística está a desenvolver xestións coas principais distribuidoras para o lanzamento en lingua galega da totalidade dos títulos que se presenten neste ano en dvd destas populares personaxes, Shin Chan e Doraemon. |