Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow "Shin Chan e a costeleta imposible", á venda en lingua galega  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

"Shin Chan e a costeleta imposible", á venda en lingua galega Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 25 de Abril do 2008

 XORNAL.com "Shin Chan e a costeleta imposible" é o novo dvd da saga de éxito que mañá se lanza simultaneamente ao mercado en galego e no resto das linguas oficiais. O novo título estará dispoñible na súa versión en galego, castelán, catalán e éuscaro, así como na versión orixinal xaponesa, nas principais superficies comerciais de Galicia e do resto do Estado.

A edición de Shin Chan e a costeleta imposible, que consta de dous discos de 92 minutos de duración, inclúe tamén, como extra, a curtametraxe inédita coas aventuras do Porquiño Valente, O castelo monstruoso.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promoveu a dobraxe ao galego desta nova aventura animada para que os nenos e as nenas de Galicia dispoñan da banda sonora da película na lingua propia e, deste xeito, se amplíe a oferta en galego dos produtos de lecer infantil de maior éxito no mercado.

Ademais, o próximo 5 de maio sairá á venda outra película de animación coa banda sonora en galego, Doraemon Animal Planet.

Política Lingüística está a desenvolver xestións coas principais distribuidoras para o lanzamento en lingua galega da totalidade dos títulos que se presenten neste ano en dvd destas populares personaxes, Shin Chan e Doraemon.

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com