Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Ximbaleu: Este sábado 26, foliada protesta em Baiona  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Ximbaleu: Este sábado 26, foliada protesta em Baiona Imprimir Correo-e
Escrito por 6ª matriuska   
Venres, 25 de Abril do 2008

 Baiona Consciente ] Comunicado e convocatoria da Asociación Cultural Ximbaleu: Este sábado desde ás 12:00 até as 24:00, seram protesta em Baiona. SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA. Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, pois pouco se sabe, serán tres días de actividades con carrozas de cabalos, música ambiental, xa sabedes de cal, actuacións nun gran toldo,casetas,.... nun gran esforzo da Concellería de Cultura do Concello de Sevi.., perdón Baiona. 

Está ben que a Escola de Flamenco de Baiona mostre os seus bailes como fan outras escolas de baile de Baiona, ou os alumn@s de tai-chi ou as magnífic@s costureir@s que fan traxes para a Arribada. O que parece non estar ben e que se lle dediquen tres días a esta festa cos cartos do orzamento da cultura do concello e dos que aportan comerciantes e empresarios á súa asociación.

Claro que é necesario dedicarlle unhas horas á Escola de Flamenco, ninguén o dubida, para que os seus membros, dirixidos por esa grande profesional que é Tatiana, a neta de señora Amelia A Curuxeira, mostren as súas habilidades bailaoras. Poderíamos entender esta festa no medio dun maremágnum de expresións de distintas culturas, pero sempre prevalecendo a nosa.

O problema xurde cando os rexedores do noso benquerido Concello organizan no propio Día das Letras Galegas a Festa da Bicicleta. Non haberá días no ano!. No canto de adicar ese día, esa semana e todo o ano, a actos lembrando a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, con vinculacións miñoranas e incluso baionesas. Tamén se podería o Día das Letras artellar unha Feira do Libro, dentro da rede de Feiras Culturais, ademais subvencionadas pola Xunta (ollar DOG 9/abril/2008). Ou cando pretenden que o futuro Museu de Baiona se convirta nunha pequena Casa das Américas esquecendo toda a inmensa cultura mariñeira do noso pobo. En fin, son necesarios actos que pulen pola nosa cultura, actos que pulen por Baiona.

Cremos polo tanto que é unha irresponsabilidade social e cultural a organización desta Feira. Non esquezades, gobernantes, comerciantes e empresarios que os mariñeiros de Baiona manteñen viva logo de máis de 500 anos a Danza das Espadas expresión gremial enorme, chea de forza e aproveitando isto organizar, por exemplo, unha xuntanza encontro ou se queredes chamádelle feira de danza de espadas da Península Ibérica. Acordádevos do noso que o tedes esquecido e abondo traballo custou manter vivo este baile orgullo dos que nos sentimos baioneses e temos claro a Baiona e O Val Miñor que queremos.

Por todo isto, cidadáns baioneses que integran a Asociación Cultural Ximbaleu, no convencemento de que a sociedade non se articula só desde a clase política senón que a súa organización civil ten moito que dicir, por isto anunciamos que en Baiona o sábado 26, desde as 12h ás 24h percorrerán as rúas e prazas da vila grupos de gaitas, pandeiretas, poetas e regueifeiros no 1º SERÁN Á BEIRA DO MAR · BAIONA`08 Baiona 26 abril 2008 ·Asociación Cultural Ximbaleu·

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com