Venres, 16 de Maio do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Manifestos para manifestaçom do día 18. Assina.  
Ultimas novas dos usuarios e usuarias
Obxectivo. Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego (28.04.2008)

Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. 

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Manifestos para manifestaçom do día 18. Assina. Imprimir Correo-e
Escrito por 6ª matriuska   
Domingo, 11 de Maio do 2008

Tanto A Mesa Pola Normalización Linguísitca como a  AGAL (Associaçom Galega da Língua), venhem de publicar sendos manifestos em defessa da lingua de Galiza e dos nossos direitos linguísticos individuais e colectivos e convocando as súas bases sociais á manifestaçom que terá lugar o día 18 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela.

O manifesto feito público pola Mesa leva por título;  "POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO" e pode ser assinado por entidades, colectivos, associaçons e organizaçons a través da página web desta da Mesa, www.amesanl.org.

O manifesto publicado pola AGAL leva por título;  "A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL" consta de seis pontos e pode ser assinado por colectivos e pessoas a título individual a través do Portal Galego da Língua, www.galego-portugues.net

Desde a Ciberirmandade queremos animar a toda gente sensível coa nossa língua a manifestarse o vindeiro día 18 e a assinar ambos manifestos que ficam expostos a continuaçom.

Comunicado AGAL:

A NOSSA LÍNGUA É INTERANCIONAL.
A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.

2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.

3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio país.

4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.

5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.



Manifesto da Mesa:
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO.

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

 
Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Activa Galicia - activa o galego 
As augas galegas que murchan a lingua 
Non esquezas..

TraduCIF 

A CiberIrmandade dispón dunha ferramenta de traballo on-line para a tradución de software á nosa lingua. Convidamosche a que participes. Ir a traduCIF .

 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com