|
Medio cento de berciáns entre os 5.000 rapaces do Correlingua na Coruña |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 07 de Maio do 2008 |
[elpais.com] Oito mozos de quince anos evolucionan no escenario, no máis puro estilo high school music mentres o público, unha multitude de rapaces da súa idade, chimpan, baten palmas e corean a cantarela: "Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos...". O tema que aproveita os versos de Rosalía chámase Historia dunha meiga e o grupo, Relúa, formado por alumnos do Instituto Pastoriza, está actuando nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña porque gañou a fase comarcal do concurso A mocidade coa nosa língua. Este universo un tanto paralelo ao habitual é o inicio de Correlingua 2008, a duodécima edición desta aposta reivindicativa do uso do galego entre os máis novos. Aquí hai preto de 5.000 alumnos de 40 centros, desde escolas de primaria a institutos, de toda a comarca coruñesa, que se concentraron a media mañá na Torre de Hércules.
|