Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Manifesto Dia das Letras 2006-FPG
Entrevista Radio Galega. 29/05/2007. Campaña Asterix
Ligazóns ó Chou
A porta verde 
Colectivo de Cibergaleg@s Unid@s 
Foros CIG-Autonomica 
O fogar do chimpín 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Os intolerantes de galicia-bilingüe, relato dun mozo que pensou debater razoadamente Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Mércores, 07 de Maio do 2008

Chámome Lois, e escribia nos foros de Galicia "bilingue" baixo o alcume de "Marat" (o cal non é meu, ...pois Galicia Bilingue non me activa os DOUS que me fixen "lois" e "l0is", po-lo que figuran pero non os podo usar, motivos?, que cada un saque as suas conclusións, se vostede pon un nome de usuario "non galego" ten a activación moi axiña, se é galego, pásase meses coma min, que o de "lois" é de xaneiro, e sigo agardando, e avisei os responsabels sen resposta, asi pois, un amigo deixoume o seu nick pra poder debater.) 

E comecei a "debater" con eles, entre comiñas pois o único que recibín po-la gran maioría foron insultos de todo tipo. E eu non respostei nunca a ningún. durante dous días estiven a tentar debater con alguén sen que me insultaran, con escaso exito, algúns me razoaban que o galego era de segunda ou que non importaba que desaparecera como o latín o fixo no seu dia. Pero inda así eu non saltei...e hoxe atópome cunha inexplicable expulsión do foro.

Razóns?, pois home, non lles gusta a xente que non pensa coma eles. Pois ahí está o que escribín, o que dixen, pra probar que non faltei a ninguén, nin insultos nin ningún tipo de mala conducta, soamente razoamentos a prol do galego. RAZOAMENTOS, que pode estarse a favor ou en contra pero nunca nunca expulsar a ninguén.

Ten máis gracia o asunto se temos en conta que esta asociación castelanista en lugar de "venderse" como o que é, unha asociación a prol do castelán, "véndese" como Bilingue, como a favor das LIBERDADES....e miren por ónde, eu non teño nin a básica e mundialmente recoñecida liberdade de expresión (sempre dentro dos límites da educación).


Eu non pido a ninguén que me crea, eu so pido que lean no foro http://foros.galiciabilingue.es/ as aportacións que fixe, baixo o usuario MARAT (pero sempre asinadas por "lois" -as q non teñen a miña sinatura son do verdadeiro "marat"), nos últimos dous días, que son moitas, e fíxense nas respostas que me dan, todo tipo de insultos e faltas de respecto.

So pido que o comproben vostedes mesmos. Unha asociación que pide a "liberdade" non pode expulsar a xente que fai un debate de ideas e contidos, sen entrar a insultos persoais. Eu en dous dias que estiven no foro demostreime a min mesmo que eles so queren que volvamos á época da EGB, na que o galego era coma o Inglés, unha asignatura. E o que defenden non é o bilingüismo, senon a diglosia, (o galego para o folclore), e os mais radicais (que hai moitos) queren que desapareza.

A min non me gustan nada as confrontacións e menos por temas de língua, pois debería ser considerada patrimonio de todos, e non que unha parte dos galegos queira tirar por terra o esforzo de moitos por devolverlle os galego-falantes os seus dereitos xusto cando semella que por fin poderemos educar os nosos fillos nun 50% en galego e castelán (un triunfo) e non unha segregación terceiromundista de castelán-galego nas aulas, como eles piden. Iso é un aperheid cultural.

Sinto a extensión, e agardo que o tema sexa do voso interese, pois debería ser do de todos, pero non pra enfrentarnos como queren os extremos en liza (GB-PP-UPyD, e nacionalismo radical por outro). O galego é patrimonio tanto pra os que somos galego-falantes coma pra os galegos castelán-falantes. E todos deberíamos traballar na mesma liña.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com