|
Chámome Lois, e escribia nos foros de Galicia "bilingue" baixo o alcume de "Marat" (o cal non é meu, ...pois Galicia Bilingue non me activa os DOUS que me fixen "lois" e "l0is", po-lo que figuran pero non os podo usar, motivos?, que cada un saque as suas conclusións, se vostede pon un nome de usuario "non galego" ten a activación moi axiña, se é galego, pásase meses coma min, que o de "lois" é de xaneiro, e sigo agardando, e avisei os responsabels sen resposta, asi pois, un amigo deixoume o seu nick pra poder debater.)
E comecei a "debater" con eles, entre comiñas pois o único que recibín po-la gran maioría foron insultos de todo tipo. E eu non respostei nunca a ningún. durante dous días estiven a tentar debater con alguén sen que me insultaran, con escaso exito, algúns me razoaban que o galego era de segunda ou que non importaba que desaparecera como o latín o fixo no seu dia. Pero inda así eu non saltei...e hoxe atópome cunha inexplicable expulsión do foro. Razóns?, pois home, non lles gusta a xente que non pensa coma eles. Pois ahí está o que escribín, o que dixen, pra probar que non faltei a ninguén, nin insultos nin ningún tipo de mala conducta, soamente razoamentos a prol do galego. RAZOAMENTOS, que pode estarse a favor ou en contra pero nunca nunca expulsar a ninguén. Ten máis gracia o asunto se temos en conta que esta asociación castelanista en lugar de "venderse" como o que é, unha asociación a prol do castelán, "véndese" como Bilingue, como a favor das LIBERDADES....e miren por ónde, eu non teño nin a básica e mundialmente recoñecida liberdade de expresión (sempre dentro dos límites da educación). Eu non pido a ninguén que me crea, eu so pido que lean no foro http://foros.galiciabilingue.es/ as aportacións que fixe, baixo o usuario MARAT (pero sempre asinadas por "lois" -as q non teñen a miña sinatura son do verdadeiro "marat"), nos últimos dous días, que son moitas, e fíxense nas respostas que me dan, todo tipo de insultos e faltas de respecto. So pido que o comproben vostedes mesmos. Unha asociación que pide a "liberdade" non pode expulsar a xente que fai un debate de ideas e contidos, sen entrar a insultos persoais. Eu en dous dias que estiven no foro demostreime a min mesmo que eles so queren que volvamos á época da EGB, na que o galego era coma o Inglés, unha asignatura. E o que defenden non é o bilingüismo, senon a diglosia, (o galego para o folclore), e os mais radicais (que hai moitos) queren que desapareza. A min non me gustan nada as confrontacións e menos por temas de língua, pois debería ser considerada patrimonio de todos, e non que unha parte dos galegos queira tirar por terra o esforzo de moitos por devolverlle os galego-falantes os seus dereitos xusto cando semella que por fin poderemos educar os nosos fillos nun 50% en galego e castelán (un triunfo) e non unha segregación terceiromundista de castelán-galego nas aulas, como eles piden. Iso é un aperheid cultural. Sinto a extensión, e agardo que o tema sexa do voso interese, pois debería ser do de todos, pero non pra enfrentarnos como queren os extremos en liza (GB-PP-UPyD, e nacionalismo radical por outro). O galego é patrimonio tanto pra os que somos galego-falantes coma pra os galegos castelán-falantes. E todos deberíamos traballar na mesma liña. |