|
A Mesa acusa a Touriño de "presionar" para frear o galego no ensino |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 08 de Maio do 2008 |
[Xornal.com] Uns 200 equipos de normalización lingüística ameazan con dimitir se a Xunta non fai cumprir esta norma. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de 'presionar' á titular de Educación, Laura Sánchez Piñón, para que evite o pleno cumprimento do decreto de galeguización do ensino. Callón argumenta, ademais que, "de feito, Política Lingüística depende directamente do presidente".
Como medida de presión para o cumprimento deste decreto, un total de 190 equipos de normalización lingüística de centros de ensino de toda Galicia subscribiron un escrito dirixido á Consellería de Educación no que avisan de que "dimitirán" se a Xunta non adopta medidas para o cumprimento do decreto de galeguización do ensino, aprobado no pasado mes de xuño. Relacionada: 190 equipos de Normalización Lingüística dimitirán se non hai un cambio de rumbo en Educación |