Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Mesa acusa a Touriño de "presionar" para frear o galego no ensino  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

A Mesa acusa a Touriño de "presionar" para frear o galego no ensino Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Xoves, 08 de Maio do 2008

[Xornal.com] Uns 200 equipos de normalización lingüística ameazan con dimitir se a Xunta non fai cumprir esta norma. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de 'presionar' á titular de Educación, Laura Sánchez Piñón, para que evite o pleno cumprimento do decreto de galeguización do ensino. Callón argumenta, ademais que, "de feito, Política Lingüística depende directamente do presidente".

Como medida de presión para o cumprimento deste decreto, un total de 190 equipos de normalización lingüística de centros de ensino de toda Galicia subscribiron un escrito dirixido á Consellería de Educación no que avisan de que "dimitirán" se a Xunta non adopta medidas para o cumprimento do decreto de galeguización do ensino, aprobado no pasado mes de xuño.

Relacionada:

190 equipos de Normalización Lingüística dimitirán se non hai un cambio de rumbo en Educación

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com