Venres, 25 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Xuventudes Socialistas califican a Belén Iglesias de "galegofóbica" e piden a sua expulsión do PP  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Xuventudes Socialistas califican a Belén Iglesias de "galegofóbica" e piden a sua expulsión do PP Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Sábado, 10 de Maio do 2008

[OurenseDixital] Xuventudes Socialistas sinala non entender como "a estas alturas da autonomía galega, o PP de Ourense pode vomitar un libelo dun ultradereitismo tan abstruso", sinala referíndose ao comunicado emitido o xoves pola concelleira popular Belén Iglesias no que cuestionaba o convenio sobre normalización lingüística asinado polo Concello coa Universidade. Sinala Xuventudes Socialistas que "usa-la expresión propaganda plurilingüe, non demostra xa unha incríbel belixerancia contra a normalización, senón contra a mera pluralidade lingüistica". Algo que os xóvenes socialistas califican de "extremista, incívico, anticonstitucional e depótico" e que "excede incluso ás provacións de certos grupos reaccionarios marxinais".

 Nesta situación, hai, sinalan Xuventudes Socialistas, "algo que traspasa a fronteira do involutivo para entrar directamente nunha vomitiva felonía anti-galega", os xóvenes socialistas piden a expulsión da autora destas afirmacións, a concelleira Belén Iglesias, do seu Grupo Municipal e do Partido Popular. Sinala, exactamente que "ningunha rectificación do P.P. respecto a esta astracanada pode ser críbel se non inclúe a inmediata expulsión da concelleira Mª Belén Iglesias Cortés do seu Grupo Municipal e do partido".

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com