Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
phpBB 3.0.x: Paquete de imaxes en galego para a Subsilver 2
Tradución do Coppermine ao galego (ISO-8859-1)
Ligazóns ó Chou
Ateneo Ferrolán 
Atnag 
Etnonet 2.0 
Ortogal 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 2 convidados conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Caixa Galicia asocia as novas tecnoloxías en Call Center ao idioma galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 14 de Maio do 2008

XORNAL.COM I Caixa Galicia, a raíz dun proxecto de desenvolvemento propio, vén de implantar na súa Banca Telefónica unha nova tecnoloxía baseada no recoñecemento de voz de linguaxe natural para a realización de consultas e operacións de maneira automatizada por parte dos seus clientes.

A Banca Telefónica de Caixa Galicia articúlase a través da tarxeta Caixa Activa e lánzase no ano 1998. Na actualidade conta con máis de 100.000 usuarios que realizan mensualmente unha media de 400.000 operacións e consultas o que supón, xunto ao servizo de banca electrónica, máis do 25% do total das transaccións de clientes da Entidade galega. Arredor do 15% das chamadas recibidas na súa banca telefónica realízanse en galego. 

Este ambicioso proxecto componse de dúas partes: O TTS (Text To Speech), un sistema para a conversión de texto en fala, o que permitirá introducir de maneira semi-automática calquera nova función ou ítem nos servizos telefónicos da Entidade galega. Ademais, foi preciso desenvolver unha nova voz, modificala e adaptala aos requisitos particulares do uso da lingua galega; e o ASR (Automatic Speech Recognition), unha ferramenta para o recoñecemento da fala que parte da definición dun sistema de unidades fonéticas seleccionadas segundo os criterios estatísticos e acústicos.

Ata o momento, estas tecnoloxías estaban dispoñibles en varios idiomas (como castelán e catalán), pero non en galego. Por este motivo, Caixa Galicia iniciou un proxecto en 2007 para incorporar a lingua galega. No proxecto, contouse coa colaboración da empresa tecnolóxica Tecnocom, a compañía especializada en servizos telefónicos Loquendo, as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, o Instituto da Lingua Galega e a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de I+D+i. Grazas ao desenvolvemento desta tecnoloxía, outras empresas ou organismos poderán adquirila para o seu emprego en páxinas webs, portais de voz, Gps, etc.

A implantación deste novo sistema permitirá un tratamento máis eficaz e personalizado das necesidades do cliente xestionadas a través do servizo de Banca Telefónica, perseguindo como obxectivo final que os clientes de Caixa Galicia poidan emitir unha instrución ou consulta ao servizo automático empregando a súa maneira habitual de comunicarse.

Dada a complexidade do proxecto, procederase a unha implantación por fases, de maneira que se poidan realizar os axustes e procesos de afinación precisos no sistema do recoñecedor de voz. Dende o 5 de maio, funcionarán a través do novo sistema dous grupos de operacións: a consulta do saldo e os movementos de tarxetas e a recarga a móbiles, que agora se poderá realizar a través do novo sistema automático; ordes de pago a móbiles, que ofrece a posibilidade de enviar diñeiro de forma instantánea a un móbil.

En xuño aplicarase a nova tecnoloxía ao conxunto da banca telefónica de Caixa Galicia e en setembro implantarase o servizo en galego.

A Banca Telefónica de Caixa Galicia articúlase a través da tarxeta Caixa Activa e lánzase no ano 1998. Na actualidade conta con máis de 100.000 usuarios que realizan mensualmente unha media de 400.000 operacións e consultas o que supón, xunto ao servizo de banca electrónica, máis do 25% do total das transaccións de clientes da Entidade galega. Arredor do 15% das chamadas recibidas na súa banca telefónica realízanse en galego.

Con este proxecto, a entidade completa a súa gama de servizos electrónicos dispoñibles en galego, como son a maioría dos seus sitios web, a súa banca electrónica de particulares, Caixa Activa, a de empresas Caixa Xestión, a súa banca móbil Activa Móbil e a súa pasarela de pagos para comercio electrónico. 

http://www.xornal.es/article.php3?sid=20080513141608  

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com