|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 15 de Maio do 2008 |
|
[InfoRosal] O xornal dixital do Baixo Miño, InfoRosal, dinamizado polo ciberirmandiño ghalleiras bota o peche con discreción en pleno éxito de visitas. Esta nova, entristécenos neste borrallento día de maio:
"O mes pasado celebramos o terceiro aniversario deste medio virtual de información da comarca do Baixo Miño. Miles de noticias colgadas, reportaxes, dossiers, colaboracións.... Pero todo ten un principio e un fin, e hoxe InfoRosal.com pon fin a súa andaina, nun momento doce en canto a número de visitas, mais por diversas razóns que non ven a conto enumerar aqui, fechamos." Grazas a todos e todas que día tras día estiveches aí.
|