|
www.mundoquente.com 1º portal erótico en galego. |
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
|
[A Nosa Terra ] Unha nova páxina web achegará a información erótica aos internautas na lingua do país. Mundoquente.com é o primeiro portal erótico feito en Galiza e en galego. Abordará cuestións como a sexualidade ou a moda e conta con apartados especiais para os homosexuais e o erotismo. Os promotores da páxina indican que “as informacións publicadas en www.mundoquente.com teñen a súa orixe en portais, blogues e xornais galegos, portugueses, brasileiros e españois, pero tamén dos EE UU, Francia, México, Arxentina, Italia ou Reino Unido, entre outros·. “Unha das pezas fundamentais deste novo proxecto na rede será a participación dos lectores” indican dende o novo portal. Por iso, prevén a apertura de canles especiais –incluídos contactos– para “facilitar a interactividade entre os internautas”.
|