Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Arredor de 25.000 persoas encheron a Quintana para reclamar 'o dereito a vivirmos en galego'  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Arredor de 25.000 persoas encheron a Quintana para reclamar 'o dereito a vivirmos en galego' Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 20 de Maio do 2008

 AMESA - A manifestación convocada pola Mesa foi unha das máis numerosas da democracia a favor da lingua. Arredor de vintecinco mil persoas chegadas de todos os puntos do país percorreron este mediodía as rúas compostelás reivindicando “o dereito a vivirmos en galego”. A manifestación, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou co apoio de cincocentos colectivos do máis diverso tipo, que se adheriron ao manifesto ao longo das últimas semanas.

A pesar da chuvia, que por momentos fixo acto de presenza, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler “Súmate connosco ao futuro do galego”. A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, “Polo dereito a vivirmos en galego”, ían os membros da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezados polo seu presidente, Carlos Callón. Organizacións de estudantes, partidos políticos, asociacións de veciños, colexios profesionais e outros colectivos sumáronse tamén á convocatoria portando os seus propios lemas en defensa do galego.

Xa chegados á praza da Quintana, á que centos de persoas non conseguiron entrar por mor da enorme cantidade de xente que alí se congregou, a actriz Isabel Martínez-Risco encargouse de animar ao público, até que se produciu a lectura do manifesto, a cargo de persoas que se significaron pola súa defensa da lingua nos últimos meses.

Ana López-Suevos, xuíza denunciada ante o Consello Xeral do Poder Xudicial por un avogado da Cadena Cope por redactar unha sentenza en galego; Ignacio Vilar, director e produtor de Pradolongo, exitoso filme rodado integramente na nosa lingua e que non se puido visionar nas salas comerciais de Santiago de Compostela pola negativa dos seus responsábeis; Xesús da Torre, que non foi contratado nun hotel por falar en galego, e Eduardo Álvarez, mestre denunciado e sancionado por reclamar da administración de xustiza o dereito a expresarse e a recibir información en galego debullaron os parágrafos do manifesto promovido pola Mesa.

“Burra, no hables lenguas menores”, “Es que se te podría escapar algo en gallego”, e “A mí no te dirijas en gallego”. Estas foron as tres citas coas que comezou o seu discurso Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, quen fixo fincapé en que, a día de hoxe, se segue a discriminar á xente por falar en galego. “A pesar do que poida parecer, estas frases non foron pronunciadas durante o franquismo, senón este mesmo ano”, sinalou.

Na súa alocución dirixiuse explicitamente aos poderes públicos: “se hai vontade, pódese aprender dos erros, corrixilos e afianzar os acertos”, aínda que tamén manifestou que “se nós non defendemos o noso idioma, ninguén o vai facer por nós”. “Os adiantos para o galego sempre foron conseguidos pola presión democrática da sociedade”, concluíu.

INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • Miles de persoas concéntranse en Santiago "Polo dereito a vivirmos en galego" [X 18/05/08]

  • Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago a favor do galego [TVG - TX serán 18/05/08]

  • Milleiros de persoas danse cita en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" [T 18/05/08]

  • Manifestació a Galícia pel dret de viure en gallec [Vi 18/05/08]

  • Miles de persoas reivindican na rúa o dereito «a vivir en galego» [LVG 19/05/08]

  • «¿Tan tóxico é o galego?», pregunta o presidente da Mesa pola Normalización [LVG 19/05/08]

  • A cidadanía sae á rúa [GH 19/05/08]

  • Dereito fundamental [Artigo de Antón Losada en GH 19/05/08]

  • En galego porque é noso [Artigo de Xosé María Palmeiro en GH 19/05/08]

  • Histórica marcha a prol do galego [ECG 19/05/08]

  • A coraxe na defensa dun idioma de todos [Editorial de ECG 19/05/08]

  • Miles de persoas reivindican en Santiago poder usar o galego en todos os ámbitos [LOAC 19/05/08]

  • Milleiros de persoas defenden nunha protesta o dereito a expresarse en galego [FV 19/05/08]

  • 7.000 persoas piden en Santiago o dereito a poder vivir en galego [EP 19/05/08]

  • Milleiros de galegos saen á rúa na defensa do seu idioma [P 19/05/08]

  • Milleiros de persoas maniféstanse en Santiago a favor do galego [TVG - Bos días 19/05/08]

  • Miles de persoas, 'polo ensino en galego' [DI 19/05/08]

  • Miles de persoas, 'polo ensino en galego' [DI 19/05/08]

  • Miles de persoas maniféstanse a favor da lingua galega [ETB 19/05/08]

  • 25.000 persoas na manifestación convocada pola Mesa [MG 19/05/08]

  • Os galegos não querem falar castelhano [JN 19/05/08]

  • Varios miles de persoas maniféstanse en Santiago na defensa do galego [EC 19/05/08]

  • Varios miles de persoas maniféstanse en Santiago para reivindicar "o dereito a vivir en galego" [PD 19/05/08]

  • En galego, baixo a chuvia [ABC 19/05/08]

  • Os lemas a prol da lingua traspasaron as nosas fronteiras [V 19/05/08]

  • Crónica da manifestación a prol do galego [ANT TV 19/05/08]

  • 'Manifestación pola Lingua: os moitos que alí fomos' [Artigo de Rafa Villar en Av 19/05/08]

  • Os galegos e galegas encheron a Quintana para reclamar “o dereito a vivirmos en galego” [Av 19/05/08]

  • Touriño reclama desde o Brasil que se evite a división política polo galego [LVG 20/05/08]

  • 'O galego, lingua de futuro' [Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello en GH 20/05/08]

  • 'Rogativas pola lingua galega' [Artigo de Xosé Manuel Sarille en ECG 20/05/08]

  • 'Lengua, pasta e ideología' [Artigo de Antón Reixa en EP 20/05/08]

  • Touriño afirma que o castelán non precisa protección porén o galego si [EP 20/05/08]
  •  
    http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1183 
     
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Dolce Vita 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Foro Social Galego


    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      

    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com