Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Auto Lang Mod 1.1.1 (Galego)
Actualización da versión 2.0.19 á 2.0.20
Ligazóns ó Chou
Asociacion Arrincadeira 
FutbolGalego.net 
PatosInfo.tk 
mundoceleste - Paxina non-oficial do Real Club Celta de Vigo 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

A empresa R móstrase "optimista" ao respecto da demanda de móbiles en galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 23 de Maio do 2008

VIEIROS - O operador galego de telecomunicacións R anunciou na véspera do Día das Letras o lanzamento de catro móbiles cos menús en galego, unha posibilidade de escolla que apenas tiñan os consumidores até o momento. 

 En realidade, R xa lanzou dous deses modelos, o Sony Ericsson w380i e o Nokia 5610, hai un mes, mentres que outros dous aparellos de Nokia, o 2600 classic e o 3120 classic, saíron ao mercado o venres 16 con bos resultados de vendas xa no primeiro día.

O responsábel de produto móbil de R, Héctor Parra, amosouse satisfeito coa resposta dos clientes cara aos móbiles en galego. Os dous modelos que xa estaban no mercado acaparan o 4,2% das vendas, cifra positiva se se ten en conta que non son equipos de balde.

Dos móbiles postos á venda o venres salienta que, no día do lanzamento, vendéronse dez unidades do Nokia 2006 classic, "son números bastante optimistas", sinala Parra, se se ten en conta que o máis vendido distribúe 45 terminais ao día e que, por ser o primeiro día, aínda non existía coñecemento por parte dos comerciais nin dos clientes.

En todo caso, R está agardando a evolución das vendas nas próximas semanas para poder facer balance sobre a campaña dos móbiles en galego. Segundo explicou Héctor Parra, o feito de ofrecer aparellos cos menús na nosa lingua debeuse, tanto por interese da propia empresa, que desenvolve toda a súa comunicación no idioma propio, como polas peticións que recibiu dos usuarios na caixa de atención ao cliente. "Sabendo desa necesidade, foi un tema ao que lle demos prioridade", explica.

Para levar a cabo a iniciativa, R contou cun grupo de persoas especializadas na tradución, sen que houbese axudas económicas externas por parte das administracións públicas. Si chegou a un compromiso cos fabricantes dos teléfonos para poder achegar a lingua aos terminais. Dende a posta en marcha do seu servizo móbil, no pasado mes de nadal, R xa acadou os 10.000 clientes e espera rematar o ano con 40.000 liñas.

A compañía, ademais de traducir os menús dos terminais, tamén dispón da posibilidade de acceder a todos os seus servizos na nosa lingua, como a consulta de facturas, a caixa de voz ou o correo electrónico. Do mesmo xeito, o seu portal móbil está en galego.

http://www.vieiros.com/nova/66628/a-empresa-r-mostrase-optimista-ao-respecto-da-demanda-de-mobiles-en-galego

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com