Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Ten dereitos a lingua galega? Artigo de Bieito Lobeira  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Ten dereitos a lingua galega? Artigo de Bieito Lobeira Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 26 de Maio do 2008

 A NOSA TERRA - O 18 de maio milleiros de manifestantes reivindicámos nas rúas e prazas de Compostela os nosos dereitos. Reivindicamos democracia para Galiza, e exercicio dos dereitos democráticos (lingüísticos) do pobo galego. Que algo tan básico e elemental teña que ser reclamado a estas alturas na rúa é síntoma ben evidente da delicada situación do noso idioma, mais tamén da vitalidade de significados sectores sociais na defensa do galego. Falta facía.

Sobre todo tendo en conta os ataques que se produciron contra a lengua propia de Galiza nos últimos tempos. O esquema válido, para os defensores da tese do prexuizo e do complexo de inferioridade consiste, en esencia, no seguinte: A lingua galega non ten dereitos. O español, si. Iso non se cuestiona. Mesmo constitucionalmente: Deber de coñecemento do español. Con exemplos concretos de discriminación a galegofalantes ou de imposición xurídica, dende Madrid, día a día, en leis, reais decretos ou ordes ministeriais en materia de etiquetaxe, información, publicidade, “xustiza”, envasado ou consumo. O español imponse. O galego, no mellor dos casos, é opcional. Sempre menor, secundarizado, subordinado e residual. Mais ese non é problema para os defensores da “liberdade lingüística”. A súa obsesión nace cando se poñen en marcha medidas prácticas para a incorporación do noso idioma en diversos ámbitos sociais. Cando se converte en normal o que viña sendo anómalo.

É curioso comprobar, neste contexto, como o discurso antigalego (convenientemente alimentado desde moitos medios de comunicación) se elabora e se proxecta dende visións ideolóxicas diversas mais, iso si, coincidentes no esencial. Algúns exemplos recentes:
Cuando se insiste excesivamente en lo propio, se acaba rechazando todo lo de fuera y eso acaba en xenofobia y aldeanización del pensamiento político” (López Veiga, deputado do PP, 7 de maio de 2008).

Un idioma no se debe imponer a nadie, y mucho menos en perjuicio del castellano, lengua común y activo cultural de todos los españoles (…) La dialéctica que se basa en la idea de salvar el gallego está sencillamente fuera de lugar” (Editorial do ABC, 16 de maio de 2008).

“Tampouco o español é o de hai 40 anos, o da España encerrada de Franco, ignorante, atrasada, de costas a Europa (…) E esta España europea, desmarcada das políticas imperialistas, cun goberno paritario é vista con interese no mundo. O castelán é lingua desa potencia” (Suso de Toro, El País, 9 de maio de 2008).

Usar el gallego en la Justicia puede ser muy peligroso (…) El gallego, por los 40 años de régimen franquista, quedó en desuso (…) Es una lengua materna  tremendamente hermosa (…) Y para su implantación creo que habría que acudir (…) a la propia televisión gallega, pero sin recurrir al doblaje de películas, y acostumbrar el oído a un idioma musical como es el gallego” (Benigno López, valedor do pobo, 31 de Xullo de 2007).

Porén, a sociedade galega saber reaxir. O 18 de maio demostrámolo en Compostela, exitosamente. O pobo galego está vivo, e sabe defender o que é seu. O idioma galego. Mal que lles pese.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com