Venres, 22 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O 10,5% dos nenos e nenas de 3 anos nas cidades non reciben nin unha soa hora de ensino en galego  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

O 10,5% dos nenos e nenas de 3 anos nas cidades non reciben nin unha soa hora de ensino en galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 26 de Maio do 2008

 A Mesa pola Normalización Lingüística considera urxente realizar “un debate nacional sereno, baseado en datos reais e con ánimo construtivo” sobre a situación do galego na educación infantil. As estatísticas de que dispón a organización sinalan que se está a “incumprir gravemente” a norma que regula as horas mínimas a impartir en galego, o cal supón “unha pésima formación na lingua propia do país nun momento fundamental, cando se deben adquirir as competencias de lectura e escritura”.


Segundo un estudo realizado pola Mesa, con información achegada polos propios centros de ensino, o 10,5% dos nenos e nenas de 3 anos das sete cidades non reciben nin tan sequera unha hora en galego ao día, mentres outro 16% só recibe xustamente unha hora en galego, moi por debaixo do estipulado polo decreto 124/07. No conxunto, o 69,8% dos rapaces e rapazas desta idade na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol cursan os seus estudos en centros de ensino que non cumpren coa obriga legal de que cando menos a metade do seu horario sexa na lingua propia de Galiza.

Para corrixir esta situación, A Mesa pedirá entrevistarse co presidente da Xunta e coa conselleira de Educación, aos que cualifica como “responsábeis políticos desta nefasta xestión educativa”. Ademais, esta organización cidadá en defensa do galego tamén achegará os datos e pedirá que se adopten medidas tanto aos grupos parlamentares como ás executivas de BNG, PSdG-PSOE e PPdG.

“Xa que o PPdG repite continuamente que defende o que chama un bilingüismo equilibrado, agora ten unha extraordinaria oportunidade para demostralo e reclamar que se adopten medidas para que cando menos o 50% do horario dos nenos e nenas sexa en galego”, sinalan desde a organización cidadá. Ademais, ás direccións de BNG e PSdG-PSOE trasladaranlles “a necesidade de que se poña fin a este incumprimento vergoñento da lexislación, que supón un fracaso na formación lingüística dos nenos e nenas no idioma propio do país e pon en perigo o futuro da cultura galega”.

Así mesmo, ás formacións que sustentan o Goberno galego lembraranlles que a Consellaría de Educación non está a aplicar o acordo asinado por ambas as forzas tras as eleccións, descrito como “un contrato coa cidadanía” e no cal se indicaba literalmente que desde a Xunta se comprometerían “activamente coa efectiva e inmediata aplicación das medidas de galeguización do ensino recollidas no Plan de Normalización Lingüística aprobado unanimemente polo Parlamento galego en setembro de 2004”. Desde A Mesa lamentan que “até hoxe non houbo aplicación nin efectiva nin inmediata ou tan sequera parcial e progresiva” por parte da Consellaría de Educación, senón “un simple lavado de cara a través da aprobación do decreto 124/07, sen tomar nin unha soa medida para garantir a súa aplicación, como podería ser un plan de formación para o profesorado, campañas de sensibilización, promover unha guía de recursos en galego para as diferentes materias e tramos educativos, garantir a existencia de material pedagóxico nesta lingua para as diferentes disciplinas etc”.

A Mesa tamén ten previsto manter reunións con sindicatos de profesorado, movementos de renovación pedagóxica e asociacións de nais e pais, para impulsar “un debate nacional crucial se queremos conseguir que exista unha formación de calidade para os nenos e as nenas”
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com